1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

300713 ancaresGaliza - SLG - O Sindicato Labrego Galego pediu formalmente onte, 29 de xullo, a implicación da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses na oposición á explotación mineira que pretende levar a cabo a empresa canadense Goldquest Ibérica S.L. en 12.000 hectáreas de terras repartidas nos termos municipais da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá. 


Esta petición oficial foi realizada polo SLG en calidade de membro do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera dos Áncares Lucenses, que se reuniu onte en San Román de Cervantes, do mesmo xeito que o fixo unhas horas antes o Órgano Rector da Reserva, encabezado polo presidente da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

No escrito presentado e aprobado por unanimidade dos membros do Órgano Rector, o SLG pedía que a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses emitise un informe, en caso de non telo feito, dirixido á Consellaría de Industria, no que se detallase o impacto negativo dos proxectos mineiros de Goldquest Ibérica e todos os aspectos nos que a extracción de minerais bate co réxime de protección deste espazo singular. Dende o Órgano Rector confirmouse que a Consellaría de Industria non solicitara ningún informe á Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, polo que acordou dirixirse a ela para presentarse como parte interesada, emitir o correspondente informe e presentar alegacións.

Para o Sindicato Labrego Galego, a implicación directa da Deputación de Lugo marca un antes e un despois na oposición á minaría salvaxe na Galiza. Cómpre ter en conta que en loitas semellantes, como a desenvolvida na Terra Chá contra os proxectos de Erimsa, a Deputación limitábase a informar os expedientes que afectaban a vías provinciais. Ademais, até o de agora a oposición á minaría salvaxe só contou co apoio institucional dalgúns concellos afectados, pero nunca cun ente de ámbito provincial. En breve, o Sindicato Labrego Galego vai proceder de igual xeito para que a Deputación de Lugo se implique tamén na oposición aos proxectos de Goldquest a través da Reserva da Biosfera Terras do Miño -na que está incluída o concello de Baralla, tamén afectado- e cuxos órganos rector e de participación se reunirán mañá, 31 de xullo.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.