1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - MPPN - Monte PindoGaliza - MPPN - Despois de 6 meses agardando pola reunión que a Consellería nos ten comprometido para falar da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, a Xunta move ficha a favor dos parques naturais existentes, coa asignación doutros 2,2 millóns de euros (un total de 4,2 millóns de euros en dous anos) a repartir entre os 6 parques naturais existentes.


O anuncio foi feito polo propio Alberto Núñez Feijóo nunha visita a Corrubedo no pasado Día Mundial dos Parques Naturais. O presidente da Xunta asegurou que "a pesares da crise, temos que coidar o noso contorno, a nosa paisaxe, e seguir apostando por manter a calidade das augas, das praias e dos parques naturais que temos en Galicia", e que a Xunta "sempre entendeu que protexer os sinais de identidade de Galicia é protexer os seus parques naturais". Paradoxalmente malia qe nesta alocución gabou abertamente os beneficios desta figura e oefecto chamada que representa, en ningún caso aludiu a extender esta figura de protección, tan beneficiosa na súa opinión, a novos espazos da nosa xeografía coma o caso do propio Monte Pindo.

Ademais este anuncio coincidiu coa presentación de Parques naturais de Galicia, unha aplicación para móbiles que pretende servir de guía dos parques naturais galegos, que xa se pode descargar tanto para dispositivosAndroid como para iPhone.

Os acontecementos fan pensar que a Xunta ten recuperado un certo interese nesta figura de protección despois de dez anos sen declarar ningún novo parque natural e potenciando unha figura alternativa coma a Rede Natura 2000, que non dispuxo de ferramentas reais para atallar os problemas do medio natural nin aproveitar as súas potencialidades. Asi o ten reiterado o propio alcalde de Carnota, Ramón Noceda Caamaño, que na súa acción institucional a Rede Natura percibe bastantes máis trabas para desenvolver eses espazos que vantaxes, coma foi o caso dun proxecto municipal para por a producir mediante agricultura tradicional a agra abandonada ou unha ecoconcentración parcelaria que o seu executivo propoñía para ese espazo, agora paralisada. Sen embargo, a figura do Parque Natural obriga a dotar tanto de liñas estratéxicas coma dunha partida económica os espazos naturais e os municipios que o rodean, ademais de constituir organismos de dirección nos que poden participar institucións, sectores e veciñanza interesada.

Porén, este aparente cambio de rumbo do executivo autonómico non se manifesta polo momento nun achegamento aos colectivos sociais que demandamos novos parques naturais na nosa Comunidade, ou cando menos a aqueles que non subscitaron discrepancias nin conflitividade. A reunión coa nosa Asociación, solicitada o 5 de decembro de 2012 e reiterada en marzo deste ano, segue sen data xa entrado o verán, tempo no cal si se produciron feitos moi preocupantes, coma unha agresión ecolóxica brutal nun dos seus principais sendeiros, o incremento de actividades ilegais na zona e a constatación da presenza dunha especie en perigo de extinción que se cría desaparecida.

Seis meses poden ser moito tempo para un espazo natural aos que todos e todas, incluso a Xunta, recoñecen os seus inmensos valores e potencialidades, mais que non recibe reciprocramente a atención que merece.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.