1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto do Diário Liberdade - Manifestaçom contra a mineraçom selvagem na GalizaGaliza - Verdegaia - Un informe científico cuestiona a clasificación dos estériles de mina como "non inertes non perigosos", e pon de manifesto que a metodoloxía de predición e ensaio para valorar a mobilización do arsénico é claramente insuficiente, e estaría infravalorada no proxecto mineiro de Corcoesto. O estudo, feito de xeito desinteresado para a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, e asinado por doutores de Edafoloxía da Facultade de Farmacia da USC (Dr. David A. Rubinos, Dr. Francisco Díaz-Fierros e Dr. María Teresa Barral) e do Centro Universitario da defensa da Universidade de Vigo (Dr. Rosa Devesa-Rey), advirte que esta mobilización podería levar consigo graves efectos sobre o ambiente, e a saúde pública das poboacións


O arsénico presente de xeito natural nas rochas de Corcoesto presenta unha mobilidade limitada, mais dita mobilidade pode verse drasticamente incrementada polos cambios físico-químicos que se producirían coa explotación mineira. O método utilizado nos estudos de lixiviación por Edgwater, non é un método de referencia na UE, e non debería ser aceptado considerando os riscos para o ambiente e a saúde pública pola exposición ao arsénico. Recomendan que se fagan ensaios ecotoxicolóxicos cos estériles producidos a partir dos materiais da zona, e sobre a fracción do po fuxitivo (PM10) considerando os riscos asociados.

A presencia de arsénico nas augas da zona, lonxe de xustificar a liberación de elevadas cantidades de arsénico, resulta un agravante dunha situación de risco para os ecosistemas e a saúde das persoas, especialmente de aquelas zonas situadas augas abaixo. O transporte e sedimentación do arsénico podería afectar tamén ao esteiro do Río Anllóns e á súa ría de alto valor ecolóxico e produtivo.

Este estudo científico pon en evidencia a falta de rigor da empresa á hora de avaliar os estériles de mina. Unha falta de rigor que impregna todo o proxecto, desde o Estudo Arqueolóxico (víronse na obriga de facer un novo, xa que estaba obsoleto), ata o Plano de Viabilidade, que se ve posto en cuestión por algo tan simple como a baixada do prezo do ouro.

A Consellería de Sanidade debería, en aplicación do principio de cautela, e de cara a defender a saúde da poboación local, levar a cabo, tal como se suxire no estudo, un plan de control analítico, así como estudos epidemiolóxicos dos efectos da exposición ao arsénico na zona.

É obvio que cómpre proceder a unha nova avaliación dos residuos, dos estériles de mina, dos de lixiviación, e das partículas de po no aire, utilizando metodoloxías recoñecidas na Unión Europea, xa que a utilizada por Edgewater non é válida pois minimiza claramente as concentracións de residuos tóxicos e perigosos. O uso por parte da empresa dunha metodoloxía obsoleta para avaliar os residuos é facilmente explicable pola súa falta de escrúpulos. Faise máis difícil explicar que leva á nosa Administración a cometer a neglixencia de aceptar esa metodoloxía e outorgar unha DIA favorable a un proxecto que pode ter tan graves consecuencias sobre o medio e as persoas.

É preciso que desde a Administración se obrigue á empresa a facer un novo EIA, que avalíe debidamente os impactos do proxecto sobre a flora, a fauna, as augas, os solos e moi especialmente sobre as persoas. En consecuencia, á vista dos novos datos científicos aparecidos, Verdegaia vai demandar que se proceda a facer unha nova Declaración de Impacto Ambiental que contemple todos os impactos mencionados, e pensando na saúde das persoas e dos ecosistemas, e non no interese económico dunha empresa privada.

Descarga do informe:

Potencial movilización de arsénico en los materiales geológicos y residuos mineros de Corcoesto: Una revisión crítica

Junta-te ao Diário Liberdade 
Entra aqui para saberes como participar! 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.