1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - ContraMINAçom - Encontro Galiza-ArgentinaGaliza - ContraMINAçom - ContraMINAcción mantivo un encontro co presidente da asociación civil BePe, Sebastián Pinetta, que traballa con comunidades afectadas pola minaría a ceo aberto en Arxentina.


A Rede ContraMINAcción1 mantivo onte, 11 de xuño, un encontro de traballo con Sebastián Pinetta, presidente da asociación civil arxentina Bienaventurados los Pobres (BePe) e coordinador do proxecto "Fortalecemento das capacidades de comunidades do noroeste arxentino afectadas pola minaría a ceo aberto para a defensa dos seus territorios e medios de vida". Sebastián Pinetta atópase, nestes intres, realizando unha xira por Europa encadrada nunha campaña de comunicación internacional, do 13 de maio ao 17 de xuño, para denunciar a problemática xurdida por mor da minaría a ceo aberto en Arxentina, e as consecuencias que está a ter nos medios de vida, no entorno natural e na saúde das comunidades que a sofren. Por parte de ContraMINAcción, participaron na xuntanza Isabel Vilalba, Lara Barros, Margarida Prieto e Xosé Manuel Calvo (do Sindicato Labrego Galego); Belén Llanos e Lola Torrano (de Contramínate Laxe); Iñaki Varela (Verdegaia); Paco García (Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños); Aurora Puentes (Santa Comba Viva); Xoán Doldán (Universidade de Santiago e Véspera de Nada) e Damián Copena (Universidade de Vigo).

Sebastián Pinetta achegou a testemuña directa de quince anos sufrindo a explotación a ceo aberto en Catamarca, ao oeste da Cordilleira dos Andes, por parte da mineira Alumbrera, unha empresa transnacional participada por capital suízo e canadense que extrae 120 millóns de toneladas métricas de minerais ao ano, entre as que se atopan cobre e ouro. Eses quince anos de explotación a ceo aberto serviron para esgotar os recursos hídricos da zona (a mina ten un consumo de 100 millóns de litros diarios de auga, mentres que á poboación do municipio de Belén se lle raciona o subministro), sufrir vertidos tóxicos de metais pesados e cianuro, padecer contaminación electromagnética e mesmo un alto índice de enfermidades respiratorias e casos de cancro entre a poboación.

Esta experiencia ten unha grande importancia para Galiza, xa que anticipa as consecuencias que pode traer canda si o Plan Sectorial de Actividades Extractivas da Xunta. O modus operandi de Alumbrera en Arxentina foi semellante ao que está a acontecer na Galiza con proxectos mineiros coma o de Corcoesto: as empresas desembarcan en zonas deprimidas e empobrecidas dividindo á poboación co ofrecemento de postos de traballo que, ao final, acaban sendo moitos menos dos prometidos. Despois, a súa actividade deixa tras súa un ronsel de destrución medioambiental e dos sectores produtivos tradicionais que traballaban na zona que é "totalmente irreparable e da que ninguén se responsabiliza", asegura Pinetta. Todo coa conivencia dos poderes públicos, dende os políticos aos xudiciais. Como na Galiza, a única ferramenta de oposición que lles queda ás comunidades afectadas é a loita social de oposición aos proxectos mineiros.

A de Sebastián Pinetta foi, xa que logo, unha testemuña valiosísima que nos pode axudar a anticipar as consecuencias reais que podería ter na Galiza o Plan Sectorial de Actividades Extractivas promovido pola Xunta e a proliferación de explotacións mineiras a ceo aberto no noso país que propiciaría a súa aprobación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.