1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

corcoestodestruicomGaliza - PDCeB - Desde a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños lamentamos que os alcaldes de Cabana e Coristanco, Plágaro Pensado e Muíños, se despracen a Bruxelas o vindeiro día 28, para defender os intereses dunha multinacional, en lugar de defender, como lle correspondería polo posto que ocupan, os dereitos da poboación local.


O feito de que vaian ao Parlamento Europeo da man de Euromines, un auténtico lobby da minaría que representa en Europa a compañías de todo o mundo, dá unha idea do grao de conivencia que hai nestes momentos entre os gobernos locais destes concellos e as empresas mineiras.

Os alcaldes irán acompañados, ao parecer, de dous profesores universitarios cuxo nome non transcendeu. Parécenos lamentable que haxa persoas no ámbito científico que, coñecendo como deberían coñecer pola súa formación as repercusións que pode ter un proxecto deste calado, se presten a dotar dun verniz científico esta "expedición".

Descoñecemos, xa que non foron publicados, cales son exactamente os obxectivos do programa que toda esta comitiva pseudo  "científico-mineira" vai levar a cabo no Parlamento Europeo. Esta indefinición suxírenos que se trata, simplemente, dun contraprograma da empresa mineira diante da visita realizada ao Parlamento por distintos colectivos galegos, rumanos e gregos, a Xornada "Movimentos sociais en Europa contra a megaminaría", xornada que se encontra dentro do marco das actividades habituais do Parlamento para dar a coñecer o funcionamento do mesmo á cidadanía europea e establecer canles de participación directa.

Hoxe, as universidades galegas derraman indignación. Non existe aval científico sobre o que informaban onte os medios. A ciencia está do lado dos que se opoñen á megaminaría. Unha consultora privada e un profesor -director do IDEGA, instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia- pagado pola mina é un aval da USC? Ademais, como pode a Universidade avalar un informe que nin sequera se fixo público?

Os pretendidos científicos que acompañarán a esa comitiva, realmente deixan en moi mal lugar á investigación científica ( por certo tremendamente desasistida polos poderes públicos, que prefiren subvencionar, investir e mercar a aqueles que cumpren unha función puramente de "interesados" para xustificaren este tipo de agresións ao noso país e actuán como auténticos mercenarios  das empresas transnacionais ).

Parécenos lamentable que haxa persoas que, coñecendo como deberían coñecer pola súa formación as repercusións que pode ter un proxecto deste calado, se presten a dotar dun verniz científico esta "expedición".

Insistimos que estamos diante de dun modelo  de explotación do noso país que só é posible matando primeiro ao medio rural e botando á xente que o habita para que a Xunta poida cederllo ás grandes empresas extractivas. Estes proxectos  non afectan só a algunhas parroquias e comarcas, afectan a toda Galiza, introducen un modelo depredador do noso medio rural e do noso futuro semellante á  explotación colonial que sufriron no pasado e na actualidade América Latina e África.

Particularmente salientábel é o caso da mina de "ouro" a ceo aberto de Corcoesto, o primeiro que a Xunta tenta de declaralo como " Proxecto industrial estratéxico" e que estase a converter no referente nacional da loita de  resistencia contra os plans da Xunta e o capitalismo transnacional depredador e que goza coa conivencia dos Alcaldes do Partido Popular das zonas directamente afectada por esta barbaridade depredadora e espoliadora, resulta totalmente penoso que os Alcaldes da zona ou ben defenden a mina, ou mesmo dín nun exercicio de cinismo que van defender aos veciños, ou ben actúan como autistas dicindo que non lles afecta . Sres  Alcaldes senón teñen nada que ocultar actúen en DEFENSA DA VECIÑANZA DOS SEUS CONCELLOS E DEIXEN DE MENTIR E ENGANAR.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.