1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

outonobergantinhosGaliza - PDC - Este domingo día 26 de Maio a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños  anima a participación da cidadanía nunha ruta de sendeirismo que percorrerá as 700 Ha afectadas pola actividade mineira.


Esta ruta está organizada pola Sociedade Montaña Ártabros da Coruña. Será unha ruta circular que partirá as 10 da mañá da  carballeira de Santa Mariña cun percorrido aproximado de 12 km. A realización da ruta permite apreciar  "in situ" toda a desfeita e contaminación que provocaría esta actividade mineira de extracción de ouro a ceo aberto.

Os participantes poderán comprobar onde queren facer os buratos xigantescos, onde construirían a planta de tratamento ocupando unha superficie de 30000 m2 na que se realizaría a lixiviación do ouro empregando Cianuro. Camiñando por Aldemunde entre carballos e castiñeiros  percorreremos a balsa de lodos que ocuparía unha superficie de 1800000 m2 onde serían depositados 17 millóns de toneladas de entullos, do cales 800.000 Tm son subprodutos tóxicos  procedentes do proceso de lixiviación. As fontes, árbores, valados, muíños xunto co río Lourido que veremos no transcorrer do camiño desaparecerán para sempre si se leva a cabo a actividade mineira.

A Xunta de Galicia non debe aprobar este proxecto,  que vai provocar a destrución deste patrimonio natural por unha actividade insostíbel e altamente contaminante, provocando a destrución do modo de vida dos habitantes, da terra, do río Anllóns  e cun brutal impacto socioeconómico na comarca de Bergantiños.

Dende a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, anímase á participación nesta andaina como un acto máis de denuncia á pretendida instalación da mina.

Foto: SURF&ROCK (Miguel Navaza) / Flickr - Alguns direitos reservados - Outono na comarca de Bergantinhos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.