1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130510 fonsagradaGaliza - Sermos Galiza - As edicións locais de La Voz de Galicia e El Progreso non publicaron o posicionamento da corporación municipal da Fonsagrada contra o proxecto mineiro que unha empresa canadense pretende explotar afectando dúas reservas da biosfera. O rexedor (PSdG) é taxativo: "con ouro ou sen el non imos permitir que nos expolien e o que lles dixen a eses medios é o mesmo que che estou a dicir a ti"


Hai un dito popular que sostén que cadaquen conta a feira segundo lle vai nela. Algo así debeu pasar coas declaracións do alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, que a imprensa publica respeito da licenza de investigación que a Xunta concedeu a outra empresa de capital estranxeiro, a canadense Goldquest, e que afectaría dúas reservas da biosfera.

Dixo La Voz de Galicia que "os alcaldes ven positiva a toma de mostras mineiras na montaña" (xornal do 25 de abril e en referencia aos rexedores dos catro municipios afectados: Baleira, Baralla, Becerreá e A Fonsagrada) e acrecentou o mesmo periódico respecto de Fernández Queipo (PSdG) que "nunca é malo saber o que temos se hai ouro ou cobre... outra cousa é o que derive diso".

Pola súa banda, El Progreso apremiou na súa publicación do 8 de maio a que o Concello se posicionase "e aclare se está a favor desta actividade de explotación, que os veciños rexeitan". Xa desde os comentarios da edición dixital se lle advirte ao diario lucense que non só o rexedor socialista, senón a corporación municipal ao completo (PPdG e BNG) "está claramente posicionado en contra dunha explotación aurífera". Non só iso, senón que tamén advirten de que a veciñanza dos catro municipios está a se organizar na plataforma ContraMINAcción. 

O PP local, tamén en contra

Cal é entón a postura do alcalde? "Con ouro ou sen ouro, non imos permitir que ninguén nos veña expoliar o noso territorio. Non sei se queda o suficientemente claro..." En conversa con Sermos Galiza, Argelio Fernández sostén que nas declaracións realizadas á imprensa "dixen o mesmo que che estou a dicir a ti". 

Explica o socialista que no pleno celebrado esta cuarta feira quedou claro o 'non' rotundo de toda a corporación municipal, PP local incluído, a unha explotación mineira no lugar, que afectaría dúas reservas da biosfera. É a segunda ocasión en que a formación conservadora se posiciona nun concello en contra dun proxecto amparado pola Xunta. Pasou tamén en Xinzo da Limia, onde unha mina de feldespato ameaza unha superficie equivalente a 400 campos de fútbol. 

"Ficaremos totalmente atentos"

"De momento o que está autorizado non son nin prospeccións, senón unha toma de 2.000 mostras en 396 cuadrículas mineiras e non foi necesaria ningunha licencia municipal", subliña Fernández Queipo para destacar que, de momento, todo o que está a acontecer na Fonsagrada e nos concellos limítrofes é responsabilidade da Xunta de Galiza. Porén, adianta xa que "ficaremos totalmente atentos. No momento en que haxa sondeos ou movementos de terras paralizarémolos e exixiremos que se soliciten os preceptivos permisos, estudando a maneira, dentro das nosas competencias, de llos denegar. De momento non temos nada que dicir porque non podemos dicir nada". 

O Concello da Fonsagrada non quere o proxecto de Goldquest, que pretende arrincar metais preciosos nun territorio que fai parte de dúas reservas da biosfera (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) e que está repartido entre os municipios citados. No concreto, a empresa busca ouro, prata, chumbo, cobre e cinc "a custo de catro cadelas que son catro empregos temporais e encima mal pagados. Levan o ouro e deixan territorios hipotecados". 

Non só iso. Argelio Fernández arremete contra o Plan sectorial de actividades extractivas que vén de aprobar a Xunta de Galiza e que abre de par en par as cancelas do noso monte, espazos protexidos incluídos, á patronal mineira: "non entendo como se poden aprobar leis que permitan que a terra da cal vivimos se volva inhóspita para a xente que a habita, obrigándoa incluso a se marchar dela". A solución que a subdirección xeral de Recursos mineiros deu as persoas afectadas pola mina de Xinzo foi clara: "mercade teras e ide vivir a outro lado".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.