1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

130422 terraGaliza - Sermos Galiza - Coincidindo com esta jornada reivindicativa, os coletivos ecologistas da Galiza querem que as suas agendas furem entre a atualidade informativa e coloquem a problemática meio-ambiental como prioritaria durante os vindouros sete dias.


Conscientizar sobre a responsabilidade que as pessoas temos no avanço da mudança climática, umha problemática que ficou agochada nunha maré de informacións relacionadas coa crise capitalista mais que segue a estar aí, con repercusons na nossa vida diária.

Con este obxectivo os colectivos ecoloxistas da Galiza conmemoran esta semana o Día da Terra, cun completo programa de actividades que non deixará ninguén indiferente. Achegamos as convocadas polas asociacións Amig@s da Terra e Adega.

'Comboio sim, mas nom assím'

Amig@s da Terra centra a carga reivindicativa en Ourense e nas "desfeitas" que as obras do tren de alta velocidade están a causar nos ríos do lugar. Coa colaboración da Plataforma ríos limpos, organizaron dous roteiros para visitar zonas como a fraga dos 'Soutos', en risco de desaparecer, e outros lugares onde é apreciábel a falta de medidas correctoras para o forte impacto medioambiental que carrexa este tren. 

Para o día 22 ás oito do serán está prevista unha ponencia no campus universitario ourensán onde Ríos limpos proxectará varias imaxes para analizar o deterioro do patrimonio natural galego. Todo isto nun programa de actividades que leva por título 'O tren si, mais non así'. 

'A face da mudança climática'

As achegas de Adega arrincan o día 24 cun encontro solar na Universidade da Corunha onde se divulgarán as posibilidades da enerxía solar para a ir incorporando ao uso cotián. Está programada unha exposición de aparellos, unha mostra de gastronomía e unha visita á instalación fotovoltaica da UdC. 

O día 26 as atividades de conscientizaçom realizarám-se en Carvalho, nunha xornada dedicada ás crianzas e a aumentar a súa autonomía nas cidades através da redución do uso de carros ou o desprazamento en autobús aos centros escolares. En definitiva: recuperar as ruas para as pessoas. 

Na xornada seguinte a cita é en Vila Garcia, cun curso de formación do voluntariado ambiental que se vén realizando ano a ano e que bem poderia culminar com a atividade proposta para domingo, dia 28: un roteiro polo treito alto do río Lérez, em Forcarei, tramo de pesca sem morte criada a iniciativa desta associaçom ecologista.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.