1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

concentracomimpagamentosleiteslgGaliza - SLG - Durante a presente semana, recaeron no xulgado de Ordes tres novas sentenzas condenatorias contra a empresa Lácteos Tambre, afincada en Sigüeiro (Oroso), polos impagos de leite a gandeiros e gandeiras da comarca de Ordes.


A empresa viu desestimadas as alegacións que opuxo ao proceso e foi condenada a pagar o leite entregado, os xuros establecidos na Lei de Medidas contra a Morosidade, así como as costas xudiciais.

A pesares destas sentenzas e das que xa recaeron anteriormente, a empresa non quixo pagar voluntariamente e houbo que acudir a un proceso de execución forzosa para embargarlle os bens. A Xustiza está tendo dificultades para proceder a este embargo porque Lácteos Tambre declarouse sen bens e sen ingresos. Sen embargo, o mesmo empresario que está detrás de Lácteos Tambre, Ramón Sangiao Ríos, continúa operando no sector de forma directa ou a través de familiares e persoas da súa confianza, e coas empresas Lácteos Merza e Logística Alimentaria. Así, dende a sede de Lácteos Tambre, este empresario continúa recollendo o leite de moitas explotacións galegas e operando no mercado coma se esta situación non tivese nada que ver con estas outras empresas.

Dende o Sindicato Labrego Galego temos que denunciar a absoluta pasividade da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura, que manteñen un silencio cómplice diante desta agresión en toda regla ás explotacións lácteas que sufren os impagos e que vén como este empresario se sae coa súa a pesares de ser condenado pola Xustiza. Ademais, o Ministerio de Agricultura tiña vías que non utilizou para forzar a Lácteos Tambre e a Ramón Sangiao a pagar, pois é o ministerio quen outorga ou revoga licenzas para primeiros compradores, como as obtidas para Lácteos Merza e Logística Alimentaria.

O Sindicato Labrego Galego continuará defendendo aos gandeiros e gandeiras que se atopen en situacións de impagos, e seguirá denunciando perante as administracións competentes estas situacións para que tomen medidas.

No caso concreto de Lácteos Tambre, o SLG vai iniciar unha campaña informativa dirixida aos consumidores e consumidoras e ao público en xeral, para que se coñezan que empresas realizan este tipo de prácticas de forma directa, así como as industrias e marcas comerciais que se abastecen das súas materias primas para logo transformalas e vendelas ao público.

Foto: SLG - Protesto pola falta de pagamento de Láteos Tambre.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.