1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

vinhouvabrGaliza - SLG - O Sindicato Labrego pediu a intervención da consellaría para solucionar este problema nun escrito rexistrado o pasado 23 de xaneiro


A pesares de que a comisión de seguimento dos contratos homologados da denominación de orixe Rías Baixas se disolveu o 3 de setembro de 2012, a Consellaría de Medio Rural instou a que se convocase novamente. A convocatoria prodúcese tralas denuncias feitas polo Sindicato Labrego Galego sobre os impagos que varias adegas manteñen da vendima de 2011, que será a cuestión que centre esta nova xuntanza da comisión fixada para mañá, 4 de abril, ás 10:00 horas, na sala de reunións da Consellaría de Medio Rural en Pontevedra.

Cómpre lembrar que o SLG non só denunciou publicamente a morosidade de adegas como Gran Bazán, Núñez Andión, Lagar da Condesa ou Sucesores de Benito Santos; senón que reclamou por escrito, o pasado 23 de xaneiro, a intervención da Consellaría de Medio Rural para mediar e solucionar este problema.

Aínda que as culpables destes impagos son adegas como Gran Bazán, Núñez Andión, Lagar da Condesa ou Sucesores de Benito Santos; a Xunta debe responsabilizarse e mediar entre as adegas morosas e os viticultores e viticultoras. Para empezar, moitas das persoas afectadas polos impagos asinaron un contrato homologado en 2011 para vender a uva, polo que o seu cumprimento debería estar garantido pola Administración a través da comisión de seguimento que vén de convocar trala campaña de denuncia emprendida polo SLG en xaneiro de 2013.

Ademais, non debemos esquecer que a Lei contra a Morosidade obriga a pagar os produtos perecedoiros no prazo máximo dun mes. Neste senso, o costume das adegas de pagar a vendima un ano e pico despois da súa compra é flagrantemente ilegal, e as axudas do Igape destinadas a adiantar os cartos ás explotacións vitícolas estarían avalando unha práctica delictiva. Antes, as adegas pedían préstamos para poder pagar a uva que mercaban sen ter que agardar a vender o viño; sen embargo, hoxe prodúcese unha situación inaceptable na que os propios viticultores e viticultoras son os responsables dos préstamos destinados a pagar a mesma uva que eles mesmos venden, de maneira que non só non cobran polo produto do seu traballo, senón que custean e avalan o financiamento das adegas que se lucran transformando os seus acios en viño.

Foto: Bodegas Albamar - Alguns direitos reservados


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.