1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

310313 corcoestoGaliza - Diário Liberdade - [Xurxo Borrazás] Asistín en Carballo a unha palestra da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.


As condicións eran, para min que viña de fóra, as peores que podían darse para que alí se xuntase xente: quinta-feira de Semana Santa, cunha arroiada que nos facía medrar as branquias e todo para escoitar unha conferencia académica dunha doutora universitaria en Ciencias Químicas sobre o emprego do cianuro na futura explotación colonial, e criminal, do ouro nesa zona de Bergantiños.

A verdade é que non se cabía e un non daba creto, centos de persoas enchían as cadeiras do Pazo da cultura, sentaban nos corredores ou escoitaban de pe apoiadas na parede ou nas portas da sala, sumadas ás que non deron entrado. Viñeran de Carballo pero tamén de Cabana, de Coristanco, de Ponteceso... En canto á conferencia de Carme Varela, ela mesma da parroquia afectada de Cereo, a súa exposición foi clara, científica e fulminante na desmontaxe dos embustes da empresa e das autoridades cómplices na Xunta e nos concellos gobernados polo PP.

A pantalla encheuse de mapas e topónimos entre os que eu vía o lugar dos meus avós, onde nacera miña nai, o Ramallón de Valenza de Coristanco, e Lestón, onde aínda viven o tío Manolo e a tía Carme: a carón da súa casa vai quedar o xigantesco cráter e vai pasar o río Lourido despois de ser desviado. E todo íso adobiado co espolio de terras e patrimonio, toneladas de cianuro, de arsénico, de ácido clorídrico e metais pesados. As fórmulas químicas analizaron o proceso de extracción paso por paso e demostraron por que esta operación industrial tería unhas consecuencias peores que as que na Transición levaron ás loitas de Castrelo, Baldaio, As Encrobas ou Xove, unha salvaxada para a paisaxe, a flora, a fauna, mais tamén para as actividades agrícolas, gandeiras e pesqueiras e para a saúde de milleiros de persoas en toda a Costa da Morte.

O público escoitou entre o abraio e o respecto e o debate que seguiu foi activo e emocionante, coa participación dos veciños e veciñas de cada un dos lugares retroalimentando a mobilización e o comforto mutuo, reforzando a dignidade colectiva e a necesidade de parar a desfeita que os seus gobernantes traidores e ignorantes cualifican como proxecto estratéxico, mesmo encubrindo os seus propios informes negativos e subvencionando aos especuladores que veñen abertamente a arruinarnos e a arramblar co noso ouro sen dar nada a cambio.

O acto fora organizado pola Plataforma veciñal, que leva máis dun ano alertando da que vén e baténdose en todas as frontes para evitala. Un saiu de alí co corazón encollido e cheo de forza, de argumentos e de amor pola terra que o viu nacer e pola súa xente. Iso é a Política de verdade e non as leas de pouca monta entre o BNG e Anova.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.