1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

minanomGaliza - PDC - A Universidade de Vigo vén de comunicar á Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños que en ningún momento dou o seu apoio institucional ao proxecto para a explotación da mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso.


Esta comunicación prodúcese despois de que a empresa mineira canadense Edgewater, fixera pública a sinatura dun convenio de colaboración coa citada universidade e o trasladara aos medios de comunicación como si se tratara do respaldo institucional explícito da Universidade de Vigo a un proxecto que conta cunha forte oposición social, non só na contorna, senón tamén en toda Galicia e especialmente dentro da comunidade investigadora e universitaria.

Agora a Universidade de Vigo aclara que a empresa mineira contratoulle por medio dun convenio marco de colaboración, a elaboración dun informe para avanzar nas medidas protectoras e correctoras establecidas na Declaración de Impacto Ambiental, recentemente aprobada pola Xunta de Galicia. Sinala a universidade que o convenio foi impulsado por un grupo de investigación do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente a petición da empresa mineira, e que foi subscrito dentro da liberdade de investigación recollida pola lei orgánica de universidades, pero que en ningún caso ese contrato de I+D implica un apoio institucional da Universidade de Vigo ao proxecto. Nesta mesma liña, persoal investigador da universidade deu soporte a posicionamentos que se apartan dos mantidos pola empresa mineira.

Por último, a universidade remata sinalando que "se nalgún momento a empresa Mineira de Corcoesto, S.L.U. utiliza a sinatura do convenio para xustificar a explotación mineira procederase á denuncia do mesmo.".

Este comunicado da Universidade de Vigo pon de manifesto a estratexia de manipulación informativa que vén desenvolvendo a empresa mineira desde o inicio da tramitación do proxecto. Para a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños estes contratos que a empresa está a subscribir coas universidades galegas -o último coa Universidade da Coruña- denota ás claras a intención da empresa de "vender" á sociedade Galega, que o proxecto mineiro conta co apoio das universidades, cando o que ocorre é todo o contrario.

Foto: Plataforma em Defesa de Corcoesto - CC


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.