Este curso ten a finalidade de aprofundar na situación actual deste sector a nivel internacional e dar a coñecer alternativas locais de comercialización e produción. Asemade, darase a coñecer o traballo da Campaña Roupa Limpa neste eido. A CRL é unha campaña internacional de estudo e denuncia das condicións laborais nas fábricas do téxtil deslocalizadas, nomeadamente en países asiáticos e no norte da África, e que traballan para as grandes multinacionais do sector.
Doutra banda, o curso pretende tamén capacitar ás persoas participantes na planificación e desenvolvemento de accións performativas de rúa para a denuncia e chamada de atención sobre as problemáticas relacionadas co sector téxtil.
O curso está dirixido a calquera persoa interesada na temática.
Foto: Amarante


