1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

viacampesinaGaliza - SLG - Entre o 8 e o 10 de marzo, analizarán o traballo feito no último ano en cuestións como a loita contra a violencia machista no medio rural ou polo recoñecemento dos dereitos das labregas en Europa.


Os días 8, 9 e 10 celébrase en Compostela a reunión do grupo de traballo de mulleres da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC)1. Asistirán mulleres de diversa procedencia xeográfica: desde Andalucía ou Cantabria, a nivel de Estado; até de países como Austria, Italia, Noruega, Polonia ou Portugal. Neste encontro, as participantes valorarán todo o traballo desenvolvido nesta área da ECVC durante o último ano, e definirán as liñas de actuación para o 2013 a nivel europeo. Tamén aproveitarán a xuntanza para preparar a IV Asemblea de Mulleres previa á VI Conferencia Internacional da Vía Campesina, que se celebrará do 6 ao 12 de xuño de 2013 en Iacarta (Indonesia).

Dentro das actividades que vén realizando este grupo de traballo, destacan as accións polo recoñecemento dos dereitos das labregas no marco europeo e a loita para atallar a violencia que sufren as mulleres do medio rural.

Aínda que se trata dun encontro interno, o sábado 9 de marzo realizarase un debate público no que participarán, amais das representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina, mulleres do Sindicato Labrego Galego. Nesta xuntanza aberta analizarase como está afectando a crise que estamos vivindo ás mulleres labregas en toda Europa. Posteriormente, todas as mulleres que participen neste debate, uniranse á manifestación que varios colectivos feministas convocaron en Compostela con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

De seguido, achegamos o programa do encontro:

Venres 8 de marzo

15:00 -16:30

Rolda de presentación: situación das mulleres en cada país e na organización. Traballo de mulleres na organización (10 minutos por organización). Moderadora: María Ferreiro (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).

17:00 -19:00

Informacion sobre o traballo do grupo (reunións previas, documentos existentes, campaña en contra da violencia) (30 minutos) Coordina Lidia Senra, responsable do Grupo de Traballo de Mulleres da Vía Campesina en Europa.Intercambio en grupos sobre obxectivos de traballo de mulleres (60 minutos): que temas  queren traballar dende a perspectiva das mulleres? De que xeito? Presentación en pleno de discusións de grupo (30 minutos)

Sabado 9 de marzo

10:30 –11:50

Debate público: Análise da situación das labregas en Europa nun contexto de crise.

12:00 -14:00

Manifestación con colectivos de mulleres

16:00 – 17:30

Traballo en grupos sobre o impacto da crise nas mulleres labregas.

18:00 – 19:00

Compartir en plenaria resultado de grupos

19:15 -20:30

Proposta de cambios de documentos. Revisión de reivindicacións.

Domingo 10 de marzo

9:30 –11:30

Reivindicacións e estratexias a nivel europeo. Concretar en propostas.

12:00 –13:30

Preparacion da Asemblea Xeral da ECVC.Representación das mulleres no Comité Coordinador e no Comité Coordinador Internacional

15:00 -17:00

Preparacion da Asemblea de Mulleres de Vía Campesina e da sexta Conferencia. Contribucións ao Manifesto de MulleresContribucións ao texto da Vía Campesina


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.