1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

conference3RGaliza - INDN - O XOVES, DÍA 7 DE MARZO DE 2013 terá lugar a conferencia "ZERO WASTE" que reunirá en Bruxelas a organizacións de todo o mundo. Trátase de artellar propostas para acadar unha incineración/vertido CERO á hora de tratar os nosos refugallos. A este evento, no que se vai debater sobre as políticas europeas de xestión de residuos, está convidada a PLATAFORMA INCINERADORA NO DEZA NON así coma a COMISIÓN PROMOTORA DA ILP, convite formulado pola Europarlamentaria Ana Miranda do BNG e o grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo, en resposta as peticións formuladas polas plataformas de Deza, O Irixo, O Carballiño contra a incineración na súa visita ó Irixo en febreiro do ano pasado.


Trátase de amosar tamén, a catastrófica xestión dos residuos en Galiza que realiza SOGAMA e presentar aos asistentes, e ao comisario de Medio Ambiente Janez Potocnik a ILP galega que vén de acadar o apoio de máis de 21.000 sinaturas.

OBXECTIVOS da delegación galega na conferencia Zero Waste:

1. Participación e toma de contacto con outras organizacións e experiencias europeas para a posta en común de iniciativas.

2. Presentación da Iniciativa Lexislativa Popular no marco da conferencia, e contextualización co problema existente en Galiza, e o incumprimento repetido da normativa comunitaria de xestión de residuos no caso da incineración. Aproveitar para entregarlle a ILP ao Comisario de Medio Ambiente Janez Potocnik.

INTEGRANTES da delegación galega:

-Manuel Soto Castiñeira, Catedrático de Enxeñería Química da Universidade de A Coruña.

-Xosé Manuel López Fernández, Plataforma Incineradora No Deza Non.

-Marta Domínguez Domínguez, técnica de proceso do complexo ambiental de Lousame para o tratamento de RSU e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.

-Rocío da Igrexa Prego, Voceira Municipal do BNG no Concello de Cerceda.

-Celestino Quintela, Plataforma Galega contra a incineración e pola reciclaxe.

-María Rodríguez Lafuente, Vogal de Residuos e responsábel dos programas de compostaxe de ADEGA.

PROGRAMA:

XOVES 7 DE MARZO

08.15h: Recollida no hotel e traslado en metro ao Parlamento Europeo.

09.00-13.00h: Acreditación para a conferencia "Zero Waste/Residuos cero: Cara a reciclaxe. Mellores prácticas na xestión de residuos na Unión Europea", organizada polo BNG-Grupo Verdes-Alianza Libre Europea do Parlamento Europeo. Lugar: Sala ASP 1G3.

11.45h: Intervención de Manuel Soto, membro da Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para presentar a Proposición de lei para a aplicación efectiva para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.

13.00-14.00h: Xantar no comedor do Parlamento Europeo.

15.00-18.30h: Taller temático sobre "Presentación e experiencias de Zero Waste e mellores prácticas na sociedade". Lugar: Sala A5E1.

18.30h: Presentación da película "TRASHED" coa presenza do seu produtor Jeremy Irons e a directora Candida Brady.

19.00h: Proxección da película. Lugar: Sala A1G3.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.