1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

encepontevGaliza - APDR - [Antón Masa] Non podemos dicir que nos sorprenda o xeito de actuar da Xunta de Galicia no tema da continuidade de ENCE en Lourizán; e non nos pode sorprender porque son moitas as ocasións nas que desde o PP e o goberno galego se veñen facendo declaracións ao respecto de ENCE que resultan despois contraditorias co xeito de actuar. Desta volta, e no que fai á incidencia que poderá ter a modificación da Lei de Costas na continuidade da empresa máis alá do 2018, veñen mantendo unha posición formalmente contraria a esta permanencia, pero veñen dando pasos cara á súa consolidación no actual emprazamento.


En efecto, o PP galego vén dicindo por activa e por pasiva que "con ou sen modificación da Lei de Costas" ENCE terá que abandonar Lourizán no 2018 e que desde a Xunta se vai a obrigar a que isto sexa así. Manteñen que a última palabra vaina ter o goberno galego e mesmo que non se poden argumentar razóns de interese xeral.

Pero, ao tempo, non fan máis que dar pasos para tratar de consolidar ENCE no seu actual emprazamento; citaremos algúns deles:

1º.- No seu momento concedéronlle a AAI de forma irregular e mesmo ilegal, sen que existira sequera a solicitude por parte da empresa do preceptivo Informe de compatibilidade urbanística ao Concello de Pontevedra, fundamentando esta irregularidade na aplicación do acordo de supramunicipalidade ditado pola Xunta de Fraga no ano 2003.

2º.- Pretenden impedir que o Concello cualifique como zona verde os terreos que hoxe ocupa a pasteira, propoñendo que se aprobe parcialmente o PXOM de Pontevedra deixando aparcado o tema de ENCE, para cuxos terreos propoñen a cualificación de solo industrial.

3º.- Recorren a sentenza que anulou o plan sectorial de ENCE e que, tal como vimos afirmando desde a APDR, implicaba a anulación da propia AAI.

Actúan como verdadeiros representantes da empresa, defendendo os seus intereses particulares fronte á legalidade e aos dereitos da cidadanía; por iso desde a Asociación Pola Defensa da Ría vimos cualificando a situación como un verdadeiro caso de corrupción medioambiental.

E fronte a esta situación non cabe máis que esixir á Xunta de Galicia a defensa da legalidade, do medio ambiente e os recursos naturais, da saúde e da economía da comarca, unha defensa que pasa pola anulación da AAI a ENCE e por manter unha actitude decididamente dirixida a impedir –coa lei na man- que ENCE continúe en Lourizán con posterioridade ao 2018. A mobilización social e a denuncia xudicial serán dúas vías a utilizar conxuntamente para conseguir este obxectivo.

Foto: frado76 / Flickr - Alguns direitos reservados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.