1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2013-02-encontro-galego-impacto-minaria-mineria-galicia-galiza-300x225Galiza - EGIM - Organizado por diversos colectivos ecoloxistas, agrarios e de oposición ás minas tem lugar hoxe, sábado 16 de febreiro, o primeiro Encontro Galego sobre os Impactos da Minaría.


O obxectivo desta xornada é compartir distintas visións ao redor dunha problemática que está a medrar de xeito exponencial na Galiza nos últimos anos: a concesión de licencias para a explotación mineira de terras, prevalecendo os intereses empresariais duns poucos, a costa dun impacto irreparable nos usos de eidos (forestais, agrícolas, sociais, medioambientais, infraestruturas...) que afecta a miles de persoas. De Bergantiños á Limia, da Terra Chá ao Xallas, a ameaza das minas afecta cada vez a máis bisbarras galegas, polo que urxe unha resposta unitaria e coherente para facerlle fronte que se tentará definir neste encontro.

09:00 – 10:00h: "A compatibilidade ou prevalencia de usos e os dereitos mineiros" Alba Nogueira. USC.

10:00 – 11:45h: "O Impacto da minaría no medioambiente" Serafín González. Sociedade Galega de Historia Natural. Xoán Ramón Vidal-Romaní. Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, UDC. Emilio Menéndez Pérez. Enxeñería de Minas.

11:45 – 12:15h: Descanso de 30 minutos.

Ás 12:00 h haberá unha rolda de prensa para os medios de comunicación que cubran o evento.

12:15 – 13:30h: "O impacto da minaría no tecido socioeconómico"Xoán R. Doldán. USC. Isabel Vilalba. Sindicato Labrego Galego.

13:30 – 16:00h: Xantar conxunto.

16:00 – 19:00h: Dinámica de intercambio de experiencias entre colectivos.

19:30 – 21:00h: Proposta de creación e xestión de rede de colectivos.

Data e lugar do encontro

16/02/2013. Hotel Congreso. Teo, Galiza.

Inscrición

As inscricións xa recibidas completaron o aforo do local onde se realizará o encontro.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.