A votación da ILP para a dación en pago coincidirá coa votación doutra ILP, neste caso para a regulación da festa dos touros como Ben de Interese Cultural, que parece que si será admitida a consideración, con menos da metade de firmas-. Creemos que o Congreso dos Deputados ofrecerá unha imaxe lamentable deste país si demostra que as prioridades políticas antepoñen a "festa nacional" por diante do sufrimento das persoas.
O martes 12 de febreiro, ás 12.00h, Stop Desafiuzamentos Compostela ofrecemos unha rolda de prensa ante a sede do Pp, como forma de sinalar a quenes non queren escoitar a voz das familias.
O grupo promotor pediu reunións a todos os grupos parlamentarios o mesmo día 12 e enviou unha carta a cada deputado e deputada pedindo o voto a favor da admisión a trámite da ILP.
Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, entre 2007 e o terceiro trimestre de 2012 producíronse máis de 400.000 ejecuciones hipotecarias no Estado.
Foto do Diário Liberdade - Manifestaçom da plataforma em dezembro passado.

