1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

naveminacorcoesto2Galiza - PDC - A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de xeito inmediato o seu centro de traballo en Corcoesto. Exercía a actividade de laboratorio xeolóxico para procesamento de mostras sen contar coa preceptiva licenza municipal.


A empresa canadense vén operando neste centro de traballo situado nunha antiga nave agrícola desde hai varios anos co consentimento do Alcalde de Cabana, que a sabendas de que carecía de licenza, nunca esixiu que se cumprise coa legalidade. Segundo a Plataforma, tivo que ser a través dunha denuncia presentada polos veciños na que solicitaron a reposición da legalidade e a imposición das sancións que procedesen, cando o Alcalde se viu obrigado a actuar de xeito inmediato, ordenando a suspensión da actividade nun prazo máximo de vinte e catro horas. Asemade tivo que darlle traslado da denuncia e do expediente tramitado á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia e proceder a incoar o expediente de reposición da legalidade previsto no regulamento de disciplina urbanística que desenvolve a lei do solo de Galicia.

Recordan que o centro de traballo que agora se pecha, está situado en solo rústico de protección ordinaria, polo que o Concello non pode outorgar licenza municipal para actividades relacionadas coa explotación mineira ao tratarse dun uso, que segundo a lei do solo de Galicia, require de autorización autonómica. Consideran ademais que as instalacións de almacenamento, oficinas e de laboratorio xeolóxico non son legalizables nin cumpren os requisitos para que se lle poida outorgar á empresa mineira licenza para o exercicio desas actividades.

Por outra banda, desde a Plataforma sinalan que non van a consentir ningún trato de favor por parte das autoridades coa empresa mineira de Corcoesto, e que acudirán á fiscalía ante calquera indicio de prevaricación.

Por último destacan que a empresa canadense semella especializada no incumprimento da normativa española en xeral e da medioambiental en particular, ao que agora hai que sumar tamén, o exercicio da actividade mineira sen licenza.

Foto: Instalaçons onde a Edgewater exercia as suas atividades de maneira ilegal.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.