1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

planta-biomasa-2Galiza - FEG - Un recente estudo realizado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) que ten como título "Análisis de la viabilidad del mercado de biomasa en Galicia y norte de Portugal"recoñece a necesidade da utilización a grande escala de cultivos enerxéticos para os 12 proxectos de plantas de biomasa para producir electricidade que se pretenden instalar no territorio galego. Segundo este estudo dispoñible na páxina web do INEGA, o territorio galego sería un bo lugar para a plantación de grandes superficies de cultivos enerxéticos que queimar nás incineradoras de biomasa.


O estudo do INEGA indica tamén que as especies máis apropiadas para os cultivos enerxéticos na Comarca serían especies alóctonas como a Paulownia ou o eucalipto e tamén especies invasoras que levan anos afectando aos montes da galegos como a mimosa, a acacia de madeira negra ou a falsa acacia.

Os cultivos enerxéticos non son unha opción de futuro para o monte galego

O estudo do INEGA considera que un total de 163.486 ha de monte galego poderían ser usadas para a plantación de cultivos enerxéticos en Galicia, cunha produtividade de 1.139.000 Toneladas ao ano.

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) lembra que a Xunta está a preparar unha Orde para regular os cultivos enerxéticos en Galiza, que suporía unha gran ameaza para os montes galegos. Os cultivos enerxéticos son aqueles cultivos forestais intensivos que teñen como destino final a súa queima para obter enerxía. O borrador da Orde que prepara a Xunta de Galicia permite realizar plantacións intensivas de alta densidade con extensións de ate 100 hectáreas de especies alóctonas e invasoras como paulownia, o liquidambar, o liriodendron ou o eucalipto.

Esta clase de plantacións enerxéticas precisan de grandes cantidades de abonos, auga e pesticidas, contando tamén con densidades moi elevadas. Deste xeito, estes cultivos resultan moi agresivos co medio debido aos ciclos de corta reducidos de 3 ou 4 anos, degradando o solo e eliminando a súa fertilidade. Por outra banda, os cultivos enerxéticos constitúen un paso máis na perda de biodiversidade dos montes e na desaparición das masas forestais autóctonas.

A FEG oponse de xeito rotundo ás plantacións de cultivos enerxéticos ligadas aos distintos proxectos de plantas de biomasa para producir electricidade que se están tramitando en Galiza na actualidade.

Desde a FEG considérase que as plantas de biomasa para producir electricidade e os cultivos enerxéticos non son solucións para o monte galego. Cómpre apostar por outro manexo fundamentado na multifuncionalidade e no que o silvopastoralismo, a plantación de frondosas ou a compostaxe dos restos forestais sexan as iniciativas a apoiar desde o goberno galego.

Foto: Econscientes


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.