1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

141212 fumigaconsGaliza - Plataforma contra as fumigaçons - Nunha resposta oficial ao Valedor do Pobo, a Secretaría Xeral de Montes confirma que denegaron o permiso para as fumigacións por contraviren unha directiva europea, tal e como viña advertindo a Plataforma contra as Fumigacións.


Na última semana de novembro, o Valedor do Pobo contestou por escrito unha queixa presentada pola organización ecoloxista ADEGA, en representación da Plataforma contra as Fumigacións e por un Futuro sen Pesticidas, na que revela que as fumigacións aéreas contra o gorgullo do eucalipto foron finalmente desautorizadas pola Xunta de Galicia despois de meses de intensa contestación social. Na información remitida pola Secretaría Xeral de Montes ao Valedor confírmase que a solicitude presentada pola empresa contratada por ASPAPEL foi denegada por non cumprir “os condicionantes previstos na directiva 128/2009/CE para este tipo de tratamentos”. A devandita directiva europea prohibe expresamente fumigar desde o aire cando existan outros métodos de combater unha praga, como é o caso nas plantacións de monocultivo de eucaliptos afectadas polo insecto Gonipterus scutellatus (gorgullo do eucalipto), contra o que existen medios como a loita biolóxica, inicialmente posta en marcha pola propia Xunta de Galicia.

A alarma social por estas fumigacións planificadas e financiadas pola industria do papel representada na Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón (ASPAPEL), xurdiu en abril deste 2012 cando a Asociación Galega de Apicultores (AGA) avisou do que se estaban a preparar coa colaboración da Xunta de Galicia, asociacións forestais galegas e concellos gobernados polo PP. A Plataforma contra as Fumigacións foi creada entón por diversas organizacións como a propia AGA, o SLG, ADEGA, Verdegaia ou FRUGA para alertar os habitantes das extensas zonas que se habían ver afectadas e chegou a xuntar en pouco tempo cen mil sinaturas contra o plan fumigatorio, asemade de realizar manifestacións e denuncias diante da Fiscalía. Con motivo das recentes eleccións ao parlamento de Galiza, recibiu o apoio e compromiso de todos os grupos políticos que finalmente acadaron representación, agás do PP. Porén, como acaba de confirmar o Valedor do Pobo, as accións informativas e legais contra o plan deron os seus froitos e o goberno galego viuse obrigado a impedilas, unha vez a poboación estaba informada da súa perigosidade e da súa ilegalidade.

A Xunta dá a entender na súa contestación ao Valedor que se realizaron fumigacións parciais desde terra co mesmo produto, algo do que xa tivera constancia a Plataforma grazas á colaboración cidadá. Así e todo, desde esta organización consideran que a súa intensa acción de denuncia e oposición evitou que o flufenoxurón fora masiva e indiscriminadamente fumigado sobre centos de milleiros de hectáreas por media Galiza. Este pesticida foi catalogado como tóxico pola Unión Europea, e de feito o seu uso quedará total e definitivamente prohibido a partir do vindeiro 1 de xaneiro. Entre os efectos nocivos deste insecticida “persistente e bioacumulable” está o de ser tóxico para as abellas e os animais acuáticos, acumulándose na cadea trófica e contaminando os cursos de auga. Tamén mata a propia avespa que se usa para a loita biolóxica contra o gorgullo e mesmo se teñen documentado casos de toxicidade en humanos.

Os representantes da Plataforma contra as Fumigacións consideran que se ten conseguido unha vitoria nunha batalla importante, pero que é preciso continuar o combate contra os pesticidas co obxectivo de conseguir que outros produtos prexudiciais para os nosos ecosistemas e a nosa saúde deixen de ser utilizados no país, e lembran que se ten demostrado que enfermidades como o Parkinson son producidas por este tipo de produtos masivamente utilizados hoxe en día na agroindustria. Por esta razón e para asegurar un futuro para a produción agrícola, gandeira e silvícola do país é preciso mudar de modelo produtivo e adoptar firmemente a agroecoloxía, eliminando tamén os monocultivos que como o do eucalipto son sumamente vulnerables a pragas cuxa eliminación acaba supoñendo riscos intolerables para a saúde pública e para o futuro da nosa produción alimentar.

A contestación do Valedor do Pobo pódese descargar de

http://fumigacionsnon.org/2012/12/08/resposta-do-valedor-do-pobo-a-plataforma-contra-as-fumigacions/


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.