1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

011212-corcoestoGaliza - Plataforma em Defesa de Corcoesto - Mineira de Corcoesto intenta coaccionar aos veciños pero ten medo a debater publicamente sobre a mina de ouro coa Plataforma.


O motivo da afirmación anterior é que a citada empresa, despois de 3 semanas dá a calada por resposta ao convite realizado pola Plataforma en defensa de Corcoesto para realizar un debate público sobre "Mina si ou Mina non" ao tempo que utiliza estratexias de dubidosa legalidade para
a adquisición dos terreos necesarios para levar a cabo o proxecto mineiro.

A Plataforma remitiu a súa invitación á Empresa o pasado 12 de novembro. O envío realizouse por carta certificada á súa sede en Canduas (Cabana de Bergantiños), confirmándose a recepción, mediante chamada telefónica ao Xerente da Empresa ao día seguinte do envío. A día de hoxe a Plataforma manifesta non recibir contestación da empresa mineira á súa invitación.

Semella que Mineira de Corcoesto síntese máis cómoda nas moquetas de San Caetano ou nos despachos dos Alcaldes dos Concellos afectados, que nun encontro público de debate, en igualdade de condicións, coa Plataforma que defende os intereses da veciñanza, loitando contra a expoliación dos recursos naturais e a destrucción do hábitat e do Medio Ambiente fronte aos intereses especulativos da empresa Edgewater, da que Mineira de Corcoesto fai parte.

Tendo en conta o tempo transcorrido, na Plataforma pregúntanse se a falta de resposta obedece ao desprezo que a Empresa Mineira sente polos veciños de Corcoesto, ou ben se teñen medo ao devandito debate, pola pobreza do seu argumento e pola celebración nunha contorna neutral,
que poida poñer en evidencia as súas carencias.

Froito deste desprezo son os intentos intimidatorios que están a levar a cabo para facerse coa propiedade dos montes, coaccionando aos veciños con argumentos falsos para que estes cedan aos seus intereses especuladores. Os veciños xa saben que Mineira de Corcoesto se verá na obriga de expropiar no caso de que os lexítimos propietarios non vendan no prazo ou condicións que a empresa estime arbitrariamente, polo tanto non se precipitarán a malvender sen máis garantías que a percibir un 10% dunha oferta que non se axusta ao seu valor na actualidade, nin responde a intencións de perder o seu patrimonio. Tamén saben que só mediante a aprobación do proxecto por parte da Administración se verán obrigados a recibir aos compradores nas súas casas. Esa aprobación, a día de hoxe, aínda non se produciu.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.