1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251112 ourocorcoestoGaliza - PPDC - A empresa mineira de Corcoesto acosa aos propietarios dos montes e pretende enganalos para lograr solo urbanizable de uso industrial a prezo de ganga.


Os contratos que presentan aos propietarios contemplan o pago do 10% á firma do mesmo e o resto a prazo de máis dun ano.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto acusa á empresa mineira de enganar aos veciños indicándolle que a mina xa está autorizada pola Xunta de Galicia e que se non venden o seu monte agora, despois van cobrar moito menos. Estes métodos son unha coacción aos propietarios dos montes e constitúen un proceder que amosa ás claras as intencións desta empresa que desde que chegou a Corcoesto trata con total desprezo aos veciños e aos propietarios dos montes, nos cales, en moitas ocasións entra sen permiso para facer os sondeos.

Desde a plataforma destacan que a empresa mineira está "facendo un esforzo por obter de balde o monte de Corcoesto pagando 600 euros por ferrado" e sinalan que ninguén vende os seus montes a ese prezo posto que xa vale máis a madeira. Por outra banda o monte de Corcoesto é solo rústico de protección forestal que é incompatible coas actividades mineiras extractivas, e no caso de que se autorice o proxecto mineiro ese solo perde esa protección e por tanto equivale a solo urbanizable de uso industrial, que ten un prezo que dista moito do prezo ridículo ofertado pola empresa.

Recórdanlle á empresa mineira que os veciños de Corcoesto e en xeral os propietarios dos montes, non precisan dos seus consellos nin do seu asesoramento sobre os custes das expropiacións, xa que saben ben cales son os seus dereitos e saben como facelos valer. Recordan ademais que como consecuencia do paso dunha liña eléctrica os propietarios dos montes recibiron 1.584 euros ferrado unicamente polo dereito do voo, mantendo a propiedade do monte, e no caso de autorizarse o proxecto mineiro o valor do monte de Corcoesto sería aínda moi superior a este.

Sinalan desde a Plataforma que salvo dous ou tres propietarios, ninguén vendeu o seu monte nin o vai vender. Por outra banda consideran que a proposta da empresa mineira é un insulto á intelixencia porque aínda enriba pretenden facerse co monte pagando a prazos, é dicir, o 10% ao contado e o resto a prazo de máis dun ano. Isto indica que a empresa non ten ningunha garantía de obter autorización da Xunta para a explotación mineira, pero aínda en caso de tela, o proceso acabará nos tribunais xa que o proxecto está sendo tramitado con moitos erros de procedemento e incumpre moitas normas e directivas comunitarias.

Para tratar estes temas do interese dos veciños, a Plataforma ven de solicitar novamente ao Alcalde de Cabana o local social de Corcoesto e confía en que nesta ocasión poida dispor de acceso ao mesmo.

Foto: CC BY Plataforma en Defensa de Corcoesto


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.