1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

IPCC Vigo IIGaliza - Amig@s da Terra - Organizacións da sociedade civil esixen medidas urxentes para afrontar o cambio climático ante a reunión do Panel Intergubernamental en Vigo.


Baixo o lema "a ciencia fala, os gobernos non actúan", organizacións da sociedade civil denunciaron onte en Vigo a inacción dos líderes mundiais ante o cambio climático. Os expertos da ONU, que se reúnen na cidade galega, sinalan a actividade humana como a causa principal dos graves impactos do calentamento global.

Entre os días 5 e 9 de novembro, Vigo acolle a terceira reunión de expertos do Panel Intergubernamental de Cambio Climático (IPCC). Preto de 300 científicos procedentes de todo o mundo evalúan neste encontro as diferentes opcións de mitigación do cambio climático mediante a limitación das emisións de gases de efecto invernadero (GEI).

Coalición Clima, Amigos da Terra, Verdegaia, ADEGA, SGHN, CCOO, SEO/Birdlife, Greenpeace e Ecoloxistas en Acción saíron á rúa o primeiro día de reunión. "O furacán Sandy volve demostrarnos que loitar pola xustiza climática non é un luxo en tempos de crise senón unha necesidade urxente", asegurou Tom Kucharz, membro da coalición.

As organizacións sociais esixen ao Goberno que escoite as recomendaciones científicas e tome medidas concretas que garantan a redución de emisións e eviten as peores consecuencias do cambio climático. No último informe, publicado en 2007, o IPCC sinala que o cambio climático é inequívoco e alerta de que se non se avanza con urxencia nas políticas de redución, as emisións mundiais de GEI seguirán aumentando e agravando os efectos do cambio climático.

Foto: Amig@s da Terra


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.