1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

041112 carballoGaliza - Verbo Xido - A asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes Verbo Xido quere denunciar ante a opinión pública a corta indiscriminada de especies autóctonas que se está a producir estes días no concello de Cerdedo, máximo responsable deste ataque paisaxístico e medioambiental contra o noso patrimonio.


Desde hai meses esta asociación denunciou reiteradamente a mala e sesgada interpretación do Sr. Alcalde de Cerdedo da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, que pode desembocar na perda de varios centos de especies autóctonas que debemos protexer; como está a acontecer no día de hoxe na parroquia de Vilar de Figueroa, onde a 2 m. ou algo máis das estradas estáse a facer unha intervención do máis agresiva, levando por diante todas as especies que atopan. Só nesta parroquia poden desaparecer unhas 100 árbores algunhas delas de certo porte e antigüedade.

Dado que a actual Administración permite estas actuacións, declinamos interpoñer denuncias ante ela, conscientes de que non velará pola defensa do noso patrimonio natural e cultural.

Acompañamos máis abaixo un enlace onde se recollen firmas contra esta desfeita en change.org. Cada vez que alguén a firma, chega un e-mail de queixa ao concello de cerdedo.

Velaqui o enlace:

http://www.change.org/es/peticiones/concello-de-cerdedo-cese-da-tala-indiscriminada-de-especies-aut%C3%B3ctonas#share

Foto: soledadfelloza


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.