1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

301012 vivendaGaliza - Praça - [Miguel Pardo] Máis de 3.000 familias galegas perderon a súa casa ou negocio nos seis primeiros meses deste ano.


En total, 3.037 desafiuzamentos segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), o que supón xa unha cifra de máis do dobre que en 2009 e dun 60% máis que en todo 2010 e todo 2011, onde se efectuaron pouco máis de 2.000 nos doce meses. E os números empeorarán cando finalice o reconto do que queda de exercicio.

Son dramas humanos provocados polo embargo ao que son sometidos aqueles cidadáns que non poden facer fronte á hipoteca. Familias sen teito afogadas polos bancos que reclaman os seus cartos mentres son rescatados recibindo miles de millóns de euros das administracións. As cifras arrepían. Se en 2012 o ritmo de desafiuzamentos en Galiza situouse nos nove ao día, no que vai de 2012 case se dobrou até rozar os 17 diarios, 120 á semana. Todo, mentres no país hai preto de 38.000 vivendas baleiras sen estrear, tal e como se tira dos datos que facilita o Goberno central.

Así, o aumento destes desafiuzamentos desde 2007 a 2011 é do 185% (desde 701 a 2.003), polo que supón multiplicar case por tres o seu número desde que comezou a crise económica. En total, máis de 9.000 desafiuzamentos desde entón en Galicia, que podería superar os 10.000 ao final de ano, xa que agora o CGPJ tamén contabiliza os datos dos xulgados de primeira instancia e, polo tanto, daquelas pequenas localidades sen servizos comúns de notificación.

No conxunto de Estado, e tan só no que vai de 2012, as autoridades xudiciais procederon ao embargo de máis de 500 inmobles ao día até xuño, que fai un total de case 95.000 desafiuzamentos. Desde 2008, a cifra supera os 260.000 expedientes e tras estes trámites agóchanse dramas que inclúen suicidios ou intentos como os acontecidos nos últimos días en diversas localidades. E mentres isto ocorre, o CGPJ decidiu a pasada semana non asumir o contido dun informe elaborado por seis maxistrados nos que se criticaba os abusos do sistema legal de desafiuzamentos.

Ao tempo, colectivos como Stop Desahucios ou plataformas diversas loitan para que os gobernos cambien a lei e reclaman a dación en pago ou a posibilidade de renegociar o importe do aluguer para aquelas familias ameazadas de embargo e sen recursos. Os bancos que aceptan estas solucións son minoría e as respostas das administracións practicamente nulas. Por iso, xa xorden outras alternativas.

En Galiza apareceu Doafund, unha web posta en marcha por dous galegos co obxectivo que axudar a pagar as cotas hipotecarias de persoas con dificultades económicas para así evitar que as entidades bancarias poñan en marcha os procesos de desafiuzamento dos seus inmobles. Pero ao mesmo tempo, colectivos como a Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra mobilízanse para axudar os afectados polos desafiuzamentos , intentar paralizalos e "conseguir que as administracións lle dean unha saía á xente que queda sen opción ningunha".

"Hai casos nos que conseguimos que o Concello lles facilite un bono-hotel para un hostal durante uns meses ou incluso que se faga cargo do aluguer ata que haxa unha solución, pero a maioría das veces derívante a Cáritas ou ONGs porque Asuntos Sociais non funciona para nada", explica Suso Pazos, un dos membros desta rede de apoio.

Recoñece que se lle "veñen as bágoas" cada vez que acode á axuda dunha familia en perigo de embargo, pero asume que as solucións que chegan das administracións sempre son "temporais e unicamente flotadores para ir tirando". "Teño visto nenas de oito anos con problemas de saúde ou persoas que quedaron sen casa por non pagar nove meses cando recibían menos de 200 euros ao mes de axuda", conta, tras advertir da continua petición que fan á Xunta e ao propio Concello de Ferrol para que habilite "as vivendas de protección oficial que teñen baleiras" para esta xente con problemas. "Polo menos ata que atopen unha solución", lembra, tras queixarse de que as autoridades "nunca poñen ferramentas reais para arranxar o problema".

María, de Stop Desahucios Compostela, advirte que "tras o verán, o número de embargos incrementáronse moito". Ademais, lembra que a dación en pago "non sempre é unha solución", xa que en moitos casos "a xente queda na rúa", polo que reclaman "o aluguer social desa mesma vivenda, sobre todo cando hai menores na familia".

Aínda así, que os bancos concedan a devandita dación en pago é complicado porque "moi pouca xente cumpre cos requirimentos". "Ten que estar toda a familia en paro e sen cobrar, ao igual que os seus avalistas", lembra María, que advirte que en moitos casos, a dación resolve a débeda pero "para nada" o problema. "Se non teñen cartos e xa non teñen casa, que lles queda?", pregúntase.

Este mesmo luns, o pleno ordinario no Concello de Vigo tivo que ser suspendido e aprazado logo de que varios menbros da plataforma Stop Desahucios, xunto a traballadores despedidos do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo (IMD), interrompesen os concelleiros. Para este martes, hai convocada en Santiago unha concentración fronte ao sucursal do BBVA de Conxo en apoio a un veciño ameazado de desaloxo pola entidade bancaria.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.