1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

1209 mio barbaaGaliza - Amig@s da Terra - Outra vez a mesma historia se repite e vemos coma os ríos Miño e Barbaña, ao seu paso pola cidade de Ourense volvían a sufrir no dia de onte outros verquidos continuados de augas residuais nas súas augas e que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.


Amigos da Terra ven de denunciar os verquidos de augas residuais no río Miño e Barbaña na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenium que se estiveron a producir na tarde e noite do pasado domingo día 23 e na que corrían as augas do río Miño contaminadas por un regueiro de augas residuais. Os verquidos eran apreciables e extendéndose augas abaixo por máis de 300 metros e chegando máis aló da marxe esquerda por enfronte da zona termal de A Chavasqueira.

Ase mesmo, estábanse a producir verquidos de augas residuais no río Barbaña, na parte final da desembocadura ao carón da Avenida da Ribeira Sacra e nun tramo de 100 metros augas arriba ao carón da Avenida Pardo de Cela.

Estes verquidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non é a primeira vez que ocorren estes feitos, e son habituais cando chegan as épocas de chuvias e que xa foran denunciados en repetidas ocasións por Amigos da Terra.

Despois da inauguración da estación de bombeo de O Couto no mes de setembro do ano 2011 e cun ano de inactividade, a principios deste mes de setembro a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) manifestara que xa estaba lista e daba por concluídas as probas de funcionamento e que funcionaba todo correctamente para a súa posta en servizo.

Desde esa mesma data o propio Concello de Ourense pasou a ser o responsable do mantemento e conservación da estación de bombeo, a cal continua estando inoperativa, quedando reflexado como estas primeiras choivas do pasado domingo pola tarde provocaban novos vertidos que non foron tratados, e tanto a rede de saneamento coma e a estación de bombeo víronse desbordadas.

A orixe de ditos verquido foi denunciada ante a Policía Autonómica e tamén ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que fora inspeccionada por parte da administración, e solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometidos os ríos e a imposición das sancións que corresponda

Foto: AdT


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.