1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

190912 isabelvilalvaGaliza - SLG - O SLG inicia mañá unha campaña de mobilizacións en Bruxelas coa ECVC para pedir unha nova PAC labrega e para a cidadanía.


O Sindicato Labrego Galego, como membro da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), apoiará a “Marcha por unha boa alimentación e unha boa agricultura” que, saída dende diversos puntos de Europa, confluirá mañá, 19 de setembro, diante do Parlamento Europeo. Alí, organizacións sociais de toda a UE e a sociedade civil reclamarán por cuestións básicas como alimentos con prezos xustos para labregos e labregas e para a cidadanía, verdadeiro respecto polo medio ambiente, e soberanía alimentar de cara a termos unha boa alimentación e unha boa agricultura na Unión Europea para todos e todas.

Para as organizacións que, como o Sindicato Labrego, formamos parte da ECVC, esta mobilización marca o punto de partida a unha serie de mobilizacións activas de cara a reclamar que a nova reforma da Política Agraria Común (PAC), que se comezará a negociar este outono e durante o ano 2013, se faga a medida das explotacións labregas e da cidadanía. Para a Coordinadora Europea da Vía Campesina, a nova PAC deberá contemplar medidas como a regulación pública das diversas producións agropecuarias e dos mercados, de cara a termos uns prezos xustos que cubran os custes de produción; e que as axudas directas vaian destinadas exclusivamente a agricultores e agricultoras en activo e a apoiar a pequenas e medianas explotacións, e non a grandes empresarios e terratenentes que, moitas veces, nin sequera viven no medio rural.

Para o Sindicato Labrego Galego, o futuro da agricultura europea, termos unha alimentación san, ou manter un medio rural vivo e habitado, son retos demasiado importantes, e que afectan de cheo ao conxunto da cidadanía, como para que se discutan só nos despachos de Bruxelas baixo a influencia e presión dos lobbies da agricultura industrial. Por iso, o SLG participará activamente en todas as mobilizacións que faga a Coordinadora Europea da Vía Campesina de cara a que a nova PAC poña no seu centro de atención á agricultura labrega e non siga a destruír sectores estratéxicos para o noso campo coma o lácteo, o cárnico, o vitícola, o hortícola ou o da pataca. Neste senso, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, estivo hoxe, 18 de setembro, en Madrid, para participar nun acto reivindicativo da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que o SLG é membro, e no que se doaron máis de 5.000 quilos de produtos básicos de orixe labrega ao Banco de Alimentos como leite, azucre, aceite, froita e hortalizas, etcétera. Ademais, o acto serviu para presentar a campaña de mobilizacións que se desenvolverán en todo o Estado, por parte das organizacións que conformamos a COAG, de cara a loitar por esa nova PAC cívica e labrega.

Foto: SLG - Na fotografía, Isabel Vilalba Seivane está sentada na ringleira superior e é a cuarta pola dereita. O acto é a presentación da campaña de mobilizacións das organizacións que integran a COAG para reivindicar unha nova PAC cívica e labrega, e celebrouse hoxe, 18 de setembro, en Madrid.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.