1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

180912 sar mortandade-de-truitas-por-vertido-4-9-2012Galiza - Candidatura do Povo - O estado en que se encontra o río Sar ao seu paso por Compostela é deplorábel. As idílicas paraxes naturais do cauce, con rápidos, fervenzas, muíños, etc., vense totalmente degradadas pola contaminación das súas augas e o depósito incontrolado de toda clase de refugallos. O desinterés do goberno municipal da extrema dereita pola situación e degradación do río é sangrante. O pasado día 4 unha vertedura contaminante dun colector municipal branquexaba de novo as augas e provocaba a mortandade masiva das troitas.


A notícia tivo algún destaque en TV e prensa, como o da información da TVG que enlazamos neste link, pero o goberno local silenciou o caso. Unha visita á páxina web do Concello, que financiamos tod@s para que louve a xestión municipal, sería suficiente para comprobar que a vertedura, simplesmente, “non existiu”. Son os membros da Plataforma pola Defensa do Río Sar, como Suso Noia, quen sinalaron publicamente as consecuencias deste novo atentado ecolóxico e denunciaron a regularidade con que se producen situacións similares.

Por parte da Candidatura do Povo, xa temos organizado unha primeira excursión pública para coñecer o río Sar, frente ao que a cidade se sitúa de costas, pero é necesaria unha maior presión veciñal sobre as autoridades municipais para que se adopten medidas efectivas para preservar un dos recunchos naturais máis belos da nosa cidade. A difusión desta información-denuncia vai neste sentido.

Foto: Candidatura do Povo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.