1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

290812 PlantaBiomasaRibadeteaGaliza - Lume Negro - Pódese ver e descargar a última publicación aperiódica "Lume Negro" neste enlace ou lela no final deste artigo.


Xa fai máis dun ano e medio do comezo do conflito xerado polo proxecto de planta de biomasa no Condado. Tras ese período de loita social e veciñal a empresa ten desistido oficialmente da súa intención de instalar unha macroplanta de biomasa no lugar de Ribadetea en Ponteareas. 
 
Agora, nunha nova volta de torca, a empresa solicita a instalación do seu proxecto de incineradora de biomasa no lugar da Lagoa no concello de Mondariz. Como sucedeu no caso de Ribadeteadesde o Ateneo consideramos que non é xustificable que os e as cidadáns teñamos tan pouca información e capacidadede decisión sobre un proxecto que pode afectar ás nosas vidas.
 
É que acaso non é relevante para a veciñanza o significativo aumento do transporte pesado nas estradas do Concello?.
 
Tampouco é relevante o consumo diario de auga (24.000 litros) necesario para o funcionamento da planta e que se quere bombear desde o Río Tea?.
 
Non interesa que secoñezan as emisións sonoras que se terán que soportar durante as 24 horas do día, máis de 11 meses do ano?
 
Non convén que os e as veciñas coñezan as emisións contaminantes que produciría a macroplanta?.
 
Tampouco convén que sesaiba exactamente en que consisten os cultivos enerxéticos que van asociados a esta clase de instalacións? Porque nonse fala dos intereses da empresa?.Cal é o beneficio económico para a promotora por unha macroplanta como a que se pretende instalar...?.
 
Ateneo Libertario Lume Negro pretende con esta publicación tratar de achegar luz sobrealgunhas das problemáticas ligadas ás plantas de biomasa para producir electricidade e, en especial, ao proxecto de ALagoa en Mondariz. A información é fundamental para poder posicionarse perante unha instalación como esta. 

Desde o Ateneo continuaremos coas tarefas informativas que iniciamos en xaneiro de 2011 en canto tivemos coñecemento do proxecto de macroplanta de biomasa para producir electricidade en Ribadetea.

Lume Negro Xullo 2012 _biomasa Mondariz

Via Grupo de Axitación Social

Foto: Lume Negro - Planta de biomassa em Riba de Tea.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.