first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: paraguai  etnocídio  san josé  construçom  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

250812 survivalsanjoseGaliza - Galiza Confidencial - A empresa de Jacinto Rey nega a GC a súa implicación. Un documento do Goberno do Paraguai proba que unha das súas filiais, Carlos Casado, obrou sen permiso en territorio de indíxenas non contactados.


Survival, a ONG con máis prestixio no mundo entre as que protexen aos indíxenas, denuncia que o galego Grupo San José está involucrado "na destrución ilegal do bosque sudamericano na que se esconden os últimos indíxenas illados en América que quedan fóra da Amazonia".

En concreto, Survival culpa ás empresas que dirixe o construtor Jacinto Rey de ser presidente de Carlos Casado S.A. . "Dous funcionarios paraguayos pillaron infraganti a Carlos Casado S.A. mentres talaba o bosque, construía edificios e diques e instalaba unha alambrada nunha gran parcela do bosque do Chaco paraguaio do que a empresa é propietaria".

A zona é o último refuxio dos ayoreos, un dos poucos pobos de América que aínda viven á marxe da sociedade industrial. Algúns xa foron contactados, pero moitos sobreviven libres escondidos nos bosques do oeste do Paraguai. Este bosque está a ser obxecto dunha maior presión polos gandeiros.

Survival di que a empresa do empresario pontevedrés enganou aos indíxenas para que lle permitiran construír unha estrada, pero non pediu ao Goberno os permisos ambientais imprescindíbeis. As obras, segundo os activistas, supuxeron a destrución de poboamentos de indíxenas.

“Somos testigos dun etnocidio en marcha. Este crime é unha traxedia e unha vergonza para O Paraguai, só parará se os responsábeis son detidos e castigados" declara Gladys Casaccia e Jorge Vera de GAT, unha organización paraguaia que traballa cos indíxenas xa contactados.

Versión das empresas acusadas

GC púxose en contacto co Grupo San José para dar a súa versión dos feitos. A construtora galega destaca que a súa filial "desmentiu categoricamente a suposta realización de desmontes non autorizados". San José en todo caso deixa claro que "Carlos Casado é unha sociedade arxentina na que participamos como accionistas, a xestión da mesma lévaa un equipo do propio Carlos Casado".

Efectivamente, Carlos Casado "desminte categóricamente os ditos que se orixinaron respecto á realización de desmontes". A empresa asegura que "apresurouse a presentarse ante as autoridades pertinentes para dar explicacións para desvirtuar calquera vinculación coa comisión dun feito ilícito".

Carta do Goberno

Survival reaccionou ao desmentido publicando unha carta do Goberno Paraguai. Nela lese que, efectivamente, Carlos Casado realizou os desmontes sen a imprescindible autorización de impacto ambiental.

Jacinto Rey

A ONG lembra que a empresa de Jacinto Rey é unha das principais construtoras de obra pública en España. Por exemplo, en Galicia realizou a ampliación de Alvedro.

Rey, sempre á marxe dos medios, alcanzou notoriedade pública en Galicia durante o bipartito, cando financiou os medios próximos ao BNG A Nosa Terra e Xornal de Galicia. Unhas cabeceiras que, finiquitado o paso dos nacionalistas polo poder, o ex-editor deixou quebrar, chegando a eliminar por completo o seu arquivo da Internet.

Foto: Survival - Obras numha casa indígena, que segundo Survival foi destruída ao dia seguinte de tomada a imagem.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.