1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

230812 incineradora-irijoGaliza - INDN - As Plataformas Cidadáns constituídas para loitar contra a incineradora de lixo vimos de presentar na Xanela Única do Concello un escrito dirixido á Xunta de Galicia no que esiximos se defina unha postura definitiva no tema da instalación  dunha PLANTA INCIERADORA na nosa comarca, en concreto no Concello do Irixo.


Ante as últimas informacións aparecidas nos medios de comunicación, a todas luces contradictorias e confusas e verquidas por diferentes cargos públicos e pola propia Xunta de Galicia, demandamos que se faga un exercizo de responsabilidade e se fale xa dunha vez de forma clara neste asunto.

preocupación veciñal é demasiado importante para que dende Santiago este tema sexa tomado a lixeira. Xa é hora de acabar cos enfrontamentos entre pobos e veciños orixinados dende o principio polo anuncio deste proxecto así como coas dúbidas e especulacións que a actual situación está a xerar.

Dende o mes de Decembro, en que foi anunciado este proxecto polo Conselleiro de Medio Ambiente, a falta de transparencia e de claridade foi a tónica dominante e temos a convicción de que á cidadanía débeselle outro tratamento por parte dos representantes do goberno elixidos por ela.

As movilizacións populares do Irixo, Carballiño e Lalín denotaron ás claras que a preocupación é máxima e que a xente non está disposta a admitir que nin por intereses empresariais, nin públicos habendo alternativas máis acertadas neste eido, nin de calquera outra índole se xogue co noso futuro.

Por todo isto pedímoslle a Xunta de Galicia que nos remita á maior urxencia posible unhacomunicación oficial do seu posicionamento ao respecto sen ambigüidades nin medias tintas e aclare dunha vez por todas se segue adiante ou non coa idea de instalar a PLANTA INCINERADORA DE RESIDUOS no Irixo.

Foto: Candidatura do Povo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.