1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220812 montesmaocomumGaliza - UCnB - Co obxectivo de difundir e valorizar os montes en mancomún, a cooperativa Trespés está a promover a realización do documental “En todas as mans”, sobre o que xa informou Praza (ver noticia aquí). No rural galego non todo é minifundismo e propiedade privada. Un 30% da superficie de monte, unhas 700.000 hectáreas distribuídas maiormente polo sur do país, está en mans duns 150.000 comuneiros e comuneiras agrupados nunhas 3.000 comunidades. Non son propietarios senón usufructuarios duns montes xestionados colectivamente.


“En todas as mans” recorreu para se financiar ao método do “crowdfunding”, isto é, a pequenas achegas de particulares. Grazas aos cartos angariados até agora vía “crowdfunding” e a unha axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), poderase desenvolver a fase de gravación do proxecto, que decorrerá, en parte, a finais de ano e, en parte, cara a primavera. Os fondos achegados a través do “crowdfunding” están a ser menores dos agardados nun principio polos promotores. Dado que o orzamento conseguido até hoxe polo proxecto (“crowdfunding” e axuda pública) representa o 50,2% do total necesario para o poder completar (que é de 67.000 euros), animamos desde aquí a quen poida facelo a colaborar economicamente con “En todas as mans”, o que se pode facer a través da web www.entodasasmans.com.

Dado o (pouco recoñecido) carácter estratéxico do monte veciñal, o interese dun proxecto como “En todas as mans” é máis que notábel. Os montes en mancomún, debido ao seu tamaño -a superficie media é dunhas 250 hectáreas- e ao seu modelo de xestión democrático, favorecen unha explotación do monte que sexa ao tempo economicamente viábel, socialmente xusta e ecoloxicamente sustentábel. Son certamente espazos privilexiados para implementar modelos de xestión forestal sustentábeis. Porén, hoxe a xestión destes montes é moi desigual, e así, ao lado dun bo número de exemplos a seguir , encontramos montes en mancomún abandonados ou alugados a ENCE para que plante eucaliptos de forma intensiva. Falta apoio e implicación das Administracións públicas na promoción da xestión sustentábel do monte en mancomún. Unha pequena parte do diñeiro que se enterra en autoestradas, aeroportos e AVEs insustentábeis e innecesarios xa faría moito.

Foto: Praça - Montes em mao-comum na zona de Carnota.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.