Luís Gómez-Orellana, presidente do colectivo ecoloxista ERVA, foi testemuña desta nova desfeita no castro de Baroña. O pasado 15 de agosto, durante un visita o xacemento, puido comprobar como algúns dos visitantes se adicaban a facer amilladoiros cos coídos do castro, sementando todo o recinto con "artísticas" formacións. "Estaban alterando de forma grave os citados coidos", suliña. E iso, a pesares de que no camiño que da acceso ao castro, sitúase un panel no cal se informa de forma clara e concisa da importancia destas formacións naturais e se advirte do negativo da súa alteración
Estas actuacións constitúen unha grave alteración da morfoloxía estrutural do hábitat e afecta, especialmente, no coído situado na parte oeste do istmo, aínda que tamén se pode observar algunha no outro coído ou incluso no interior do recinto amurallado.
Proteción
A Directiva Comunitaria 92/43/CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (DOCE 206 22/07/1992), coñecida como Directiva Hábitat define no Anexo I (tipos de hábitats naturais de interese comunitario) como "tipos de hábitats naturais de interese comunitario" os que, no territorio da unión,
"se atopan ameazados de desaparición na súa área de distribución natural; ou ben presentan unha área de distribución natural reducida a causa da súa regresión ou debido á súa área intrinsecamente restrinxida; ou ben constitúen exemplos representativos de características típicas dunha ou de varias das cinco rexións".
Tamén a Lei de conservación da natureza, Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (BOE 299, 14/12/2007), recolle no seu artigo 45.3 da Lei 42/2007, que "Os órganos competentes deberán adoptar as medidas necesarias" para evitar a deterioración ou a contaminación dos hábitats fora da Rede Natura 2000”.
Delito
"Por tanto, as actuacións de modificación do coído, ademáis de ser un acto irracional, constitúe un delito contra o medio natural., dado que conforman unha alteración patente dun hábitat de interese comunitario", apuntan desde ERVA que reclaman á Xunta que tome as medidas oportunas para que non se repitan este tipo de actuacións, especialmente, nun xacemento, que acaba de ser obxecto dunha nova campaña arqueolóxica.
Foto: Isidro Cea




Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.