O mércores 12 horas na Casa Grande de Viloria, no concello de O Barco, haberá unha concentración contra o lume que segue a arrasar unha parte da comarca de Valdeorras. A Xunta asegura que o incendio está controlado, pero segue activo á espera que as chuvias previstas para este martes rematen con el máis de 72 horas despois do seu comezo.
A convocatoria da mobilización é a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, que denuncia a incorrecta actuación do Goberno. No seu punto de vista, o Executivo ten unha "política torpe" pois permite na nova Lei de Montes a plantación de árbores foráneas pirófilas (eucalipto, piñeiro, etc). O colectivo cre que pedir máis condenas aos pirómanos é "oportunismo e populismo". É dicir, centrar o foco nos que prenden o lume no lugar de facer énfase nunha "política de prenvención acaída".
A Alianza por un Medio Rural Galego Vivo está integrada por ADEGA, CIG, ORGACCMM e FRUGA. Todas elas son organizacións próximas ao nacionalismo, en particular ao BNG.
Foto: HispanTV


