1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120812 Campana Recollida SinaturasGaliza - Amig@s da Terra - Xa está en marcha a recollida de sinaturas para a aprobación dunhainiciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA.


Descargar o documento da ILP

O obxectivo desta iniciativa, impulsada por todo o ecoloxismo galego, ademais de plataformas cidadás e colectivos sociais é o de sensibilizar a cidadanía na necesidade dun cambio no modelo da xestión dos residuos, desbotar de unha vez por todas a Incineración, na que tan interesada está o actual goberno e solicitar un cambio lexislativo cara unha política galega de residuos que aposte por un modelo baseado na Redución, a Reutilización e a Reciclaxe.

Para que a ILP sexa debatida no Parlamento, son precisas 15.000 sinaturas que deberán ser recollidas en 4 meses, a partir de agora, polo tanto precisamos do apoio de todas as galegas e galegos que aposten pola sustentabilidade ambiental e crean que outro modelo de xestión de residuos en Galicia é posible.

Para asinar e apoiar o texto, podes dirixirte a calquera dos enderezos que propoñemos nesta lista:

Amigos da Terra Ourense: residuos@amigosdaterra.netRúa Concordia nº20 2ºEsda. Ourense. Tlf: 988374318

Amigos da Terra Vigo: residuos@amigosdaterra.netRúa Velazquez Moreno nº9 2º. Vigo. Tlf: 986125171

ADEGA Nacional e Compostela adega@adega.info); 981570099.

ADEGA-Coruña ( adegacorunha@adega.info). Pablo Leira (615475763); Macías López (652676633).

ADEGA-Lugo ( adegalugo@adega.info): 982240299.

ADEGA-Ferrolterra ( adegatrasancos@adega.info); Nés López (649779774); Xandro García (660859493).

ADEGA-Alto Ulla. Marcial Barral (616627318; 638475322)

ADEGA-Cerceda. Alberte Sánchez (666462424).

ADEGA-Carballiño. Bernardino García (988270876).

ADEGA-Costa da Morte. Mario Maceiras (655564372).

FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) ( feg@federacionecoloxista.org); Tino Quintela (637512998)

EVENTOS E LUGARES NOS QUE PODERÁS ASINAR:

En LALÍN pódese asinar calquera día laborábel en:

CENTRO VETERINARIO (Rúa Cidade Xardín).

MODA INFANTIL MARIANY (Rúa Rosalía de Castro).

CLÍNICA CENTEMA, (Centro de masaxe de Julio González, Rúa Pintor Laxeiro, 16, 2º A).

En CHANTADA: A VIÑOTECA RESTAURANTE (Rúa Tras dos Fornos).

No CARBALLIÑO:

Mércores, 1 de agosto: Pola noite dende ás 22:30 h. ata ás 00:00 h. na Praza dos Irmáns Prieto (Praza das monxas), CARBALLIÑO.

 

  • Xoves, 2 de agosto: Pola noite dende ás 22:30 h. ata ás 00:00 h. na Praza dos Irmáns Prieto (Praza das monxas), CARBALLIÑO.

  • A Eira de Flores. na Eira de Flores.

  • A bodega, na Baixada a Flores, nº 9

 

En OURENSE:

Vento do Sul.  Rúa da Paz, 12 Ourense. En horario: de 10 a 14 h  e de 17 a 22 h

Venres, 3 de agosto: FESTA da TORTILLA de LARO (SILLEDA).

Sábado, 18 de agosto: FESTIVAL DO CASTRO, PANTÓN (LUGO).

 

Foto: Incineradora no Deça Nom


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.