1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

120812 chegadeboismuinhosGaliza - Amig@s da Terra - Amigos da Terra rexeita rotundamente todas aquelas "tradicións"que se basean en crueis espectáculos que levan implícito o maltrato animal. Para a asociación ecoloxista ningunha presunta tradición nin cultura (sexa galega ou española) é compatible nin pode xustificar a tortura. Polo demáis no caso do Concello de Muiños prodúcese o agravante de ilegalidade reiterada pois dita actividade xa foi sendo sancionada dende fai anos como infracción moi grave con base na Lei 1/93 de protección animal.


Amigos da Terra non alcanza a comprender como un Concello incluído na Carta Europea de Turismo Sostible do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, non contempla no seu programa de festas de verán alternativas educativas e sostibles, promovendo o patrimonio cultural e natural da zona.

O rexedor de Muiños ignora tamén que as denuncias e protestas dos colectivos ecoloxistas e animalistas contra ás touradas se producen constantemente, xustamente nestas datas, tanto en grandes cidades coma A Coruña, Pontevedra... coma en pequenas vilas como en Allariz, Sarria... A tortura non e máis ou menos admisible en función da demografía.

Amigos da Terra invita a todolos concellos que organizan actividades con animais a que exploren outro tipo de festexos que sen dúbida darían realce ás súas festas e unha gran proxección turística, como por exemplo a "chega de alcaldes" na que edís de vilas próximas disputasen as súas diferenzas a cabezadas, ou ben "a solta de concelleiros" na que a corporación municipal podería correr polas rúas da vila perseguidos polo pobo que lles encirraría con xornais enrolados ata conducilos ao edificio consistorial.

Foto: EFE - A Chega de Bois em Moinhos


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.