1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

080812 abuin 1Galiza - Capítulo 0 - [Manuel Gago] Aínda nunca dera pasado pola «aldea maldita» de Abuín (Rianxo), ou como lle chaman realmente os lugareños, «Abuín de abaixo». Sempre me picou a curiosidade sobre o lugar, e sorprendeume moito descubrir que sobre o lugar Castelao escribira unha das súas Cousas, unha lenda que lle chegaba directamente desde a súa nenez, o Camiño Esquencido


Achegámonos ata a «aldea maldita», que resultou ser máis ben o que me agardaba. Tres casales derruidos, como tantos que hai no país, cabo dunha fermosísima verea vella. É dicir, non se imaxinen unha «aldea», senón máis ben unha carballeira bonita con ruínas dispersas, que hai que ir descubrindo entre fieitos e outras herbas.

As casoupas que alí se poden topar gardan a morfoloxía habitual da arquitectura popular do século XVIII ou XIX habitual no Barbanza, e iso ten certo interese, porque hai quen ten explicado o abandono destas casoupas polas pestes marítimas medievais; francamente, creo que estas casas humildes son ben máis novas. Se foran casas labregas do XIV teriamos un conxunto que debera ser musealizado coa máxima urxencia, como exemplo único en toda Europa; non vai ser o caso e, na miña opinión, non creo que superen os douscentos anos de vellume. O seu acceso tampouco é excesivamente remoto: hai milleirais e unha explotación de horticultura por riba deles, e están cabo da aldea actual. A verea si, a verea é fermosísima. Camiña dereita entre carballos, humidades e frondura. Unha gran cruz labrada nunha das pedras debe excitar a imaxinación dos amantes do misterio, e é unha fermosura agachada baixo o mol carrizo. Saímos da «aldea maldita» convencidos de que a lenda era máis ben unha fabricación contemporánea, que a televisión fixo aboiar e reverdecer, a partir dunhas ruínas ben cativas.

080812 abuin 3

080812 abuin 4

 

Con todo, unha amable señora fíxonos dubidar.

-Agora chámanlle «Abuín maldito», pero para nós é Abuín de abaixo -comentou a señora. E ata aí as cousas parecían encaixar na nosa teoría- quen escribiu moito sobre todo isto era Castelao, está todo na biblioteca de Rianxo -e aquí as cousas continuaban docemente polo sendeiro da explicación do século XX.
-Pero que dicían os vellos? -pregunteille.
-A ver, algo houbo -contestou a señora- porque se vostede mira onde están esas casas, verá que están máis preto, están moi xunto do mar. E seica todos os piratas arramblaban todo e entraban por aí, e por iso a xente veu para aquí arriba.
-Os piratas?
-Os vellos contaban que alí había moitos roubos -contestou a señora- e máis hai outra cousa. A aldea vella esa subía pola verea arriba, e agora alí hai casas restauradas e un cruceiro. Pois alí, unha das casas, unha casa que se chama Casa da Fonte, aquela era a casa dun cura. E nesa casa, alí esconderan os roubos todos que facían nos mosteiros de aquí da ría.
-Pero quen roubaba?
-Iso non cho sei, fillo.

080812 abuin 5

080812 abuin 6

Fumos ver a Casa da Fonte. Ao chegamos ao cruceiro atopámonos unha agresión patrimonial que tiña a súa chicha peliculeira. Fractura ou profanación?

Marchamos de Abuín coa sensación de ver un collage marabilloso de crenzas postmodernas e unha vella tradición. Canto do que nos contou a muller pertencía á vella tradición, e canto á nova? Terá comezado a historia en Castelao mesmamente, ou iría máis para atrás no tempo? En poucos lugares de Galicia literatura, tradición oral e televisión de masas técense de xeito tan estreito.

Localización da aldea abandonada de Abuín de Abaixo en Google Maps

Fotos: Capítulo 0 / Sole


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.