1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

080812 alharizGaliza - Cultura Galega - Trátase dunha vía que dividía un poboado de grandes dimensións que está a ser escavado.


Unha rúa galaico-romana dos séculos III e IV con 35 metros de longo e case tres de ancho é o máis recente achado na segunda campaña de escavación na Atalaia do Castro de Armea , na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas. Trátase segundo declaración do arqueólogo David Pérez ao xornal La Región, dunha rúa de trazado recto e ben pavimentado que divide as casas do poboado cunha cantería "exquisita". Nunha campaña anterior en 2011 da que deu conta Cultura galega.org atopáronse os primeiros muros e vestixios desta vila galaico-romana, que segundo os arqueólogos pode ter unha extensión de 4,8 hectáreas. O Alcalde de Allariz manifestou ao xornal a súa intención de manter o apoio aos traballos en Armea como unha das súas prioridades para facelo atractivo aos visitantes e poder explotar turísticamente este ben patrimonial. En setembro procederase a labores de restauración e consolidación dos muros para que aguanten o inverno.

Foto: CM de Alhariz - Umha rua de Alhariz


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.