first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: antitouradas  touradas  Corunha  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

060812 antitouGaliza - Revista Abordagem - Segundo o narrado por algún dos presentes a membros desta redacción, as protestas antitaurinas deste sábado en A Coruña deixan un sabor agridoce.


A primeira das concentracións convocadas para ese día, a realizada fronte á entrada do Coliseum (trasmutado en arena taurina grazas ao subsidio involuntario de todolos coruñeses), reuniu un escaso número de asistentes, aínda que conseguiu afearlles a conduta á sanguinaria concorrencia; mentres que a convocada fronte ao concello, aínda que moito máis numerosa, transcorreu con desgana, eclipsada polos festexos das festas de María Pita, e nun clima de lúgubre autorreferencialidade.

Preto das 18:00 horas, hora punta da entrada dos asistentes ao día grande das touradas coruñesas, algo máis dunha ducia de activistas antitaurinos despregaron unha faixa fronte ás portas do Coliseum co lema "Ata que todxs sexamos ceives. Liberación Animal. Guerra Social". Durante case unha hora coreáronse consignas animalistas e contrarias á tauromaquia como "non son espectadores que son torturadores", "ningún toureiro sen cornada" ou "non son taurinos que son asasinos".A constante presenza policial sorprendentemente non fustrigou nin identificou aos alí concentrados, como adoita ser costume por estes lares.
Polo visto, a nota cómica da xornada púxoa unha das vellas que acudía ao sádico evento, que increpou os manifestantes coa seguinte frase "la diferencia entre nosotros y vosotros es que vosotros no sabeis rezar" o que provocou a conseguinte hilaridade da antitaurina concorrencia.

A protesta convocada por "Galicia, Mellor Sen Touradas" para unha hora máis tarde diante do concello, cunha asistencia de varios centos de persoas, tivo que compartir espazo coas probas de son para o concerto desa noite e cunha representación bélica relativa ás festas de María Pita, o que evidentemente restou visibilidade e protagonismo ao asunto. A configuración da protesta, disposta en circulo en torno a un espazo central valeiro ao que miraban as faixas, conferiu ao asunto maior aparencia de autorreferencialidade, pois os manifestantes parecían cantar os seus eslóganes para si mesmos.

Tras 50 minutos de abulia, eclipsados por momentos os berros polas probas de son de Ana Belén e os petardos da representación bélica, rematou a protesta. Mentres tanto, a varios quilómetros de alí, as corridas de touros acaparaban toda a atención mediática que a prensa lle negou aos antitaurinos domésticos.

Nova elaborada por C.R. con información facilitada por varios dos asistentes.

-As fotos son de "Galiza Contrainfo" (-AQUÍ galería completa).

-Neste enlace a "Diario Liberdade" atoparedes máis información sobre a falsedade da tan cacareada falta de subvencións as touradas coruñesas -AQUÍ.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.