1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)


Galiza - Sermos Galiza - 310712prestigeA Fiscalía pedirá no xuizo, que comeza o 16 de outubro, unha compensación por prexuizos ecolóxicos e para a saúde dun mínimo de 1.000 millóns de euros, cifra que o propio fiscal, Carlos Varela, recoñece que se podería duplicar.


O vindeiro 16 de outubro arranca a vista oral polo Prestige, coincidindo prácticamente co décimo aniversario do desastre medioambiental acontecido na Galiza a resultas do afundimento deste petroleiro en novembro de 2012. O fiscal superior da Galiza, Carlos Varela, vén de informar, segundo recolle efe, que este organismo solicitará unha compensación de entre mil millóns euros, como mínimo, polos danos á saúde das persoas e danos ecolóxicos xerados a raíz do afundimento. Esa cantidade, segundo recoñeceu o propio Varela, podería mesmo chegar a ser "incluso o doble", o que suporían dous mil millóns.

Varela enfatizou a importancia de que, por primeira vez, sinalou, se pida desde a Fiscalía unha reparación económica por danos e prexuizos relativos "á fauna e saúde das persoas".

Responsabilidade civil

No que atinxe á responsabilidade civil, a cantidade reclamada ronda os 1.300 millóns de euros. Medio cento de avogados defenderán ás 2.128 partes persoadas. No xuizo, que se calcula que se prolongue até finais de maio de 2013, admitíronse 133 testemuñas e 98 probas periciais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.