1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300712 centroeportodevigoGaliza - Amig@s da Terra - O 28 de xullo celébrase a xornada estatal en defensa das nosas costas. As principais organizacións ecoloxistas integradas naplataforma NON Á NOSA COSTA da que fai parte Amigos da Terra reivindican en ducias de vilas e cidades a conservación do noso litoral fronte á temida nova lei de costas. A cidade de Vigo pode servir para ilustrar esta destrucción.


O porto de Vigo é un bo exemplo desta política pouco sensata de invasión e loita contra o mar. Todos os informes de referencia, como as distintas edicións de "Destrución a toda costa" de Greenpeace, anuncian o crecemento exponencial das agresións á Ría e a sistemática degradación do litoral.

Na actualidade o porto vigués esténdese por cinco Concellos da Ría e as súas infraestruturas cobren unha superficie que supera os 2.575.700 metros cadrados, moitas delas, as realizadas dende 1993, cun discutible soporte legal ao carecer do obrigatorio plan de utilización de espazos portuarios.

Esta ocupación, de máis de 20 quilómetros urbanizados para usos portuarios, lévase por diante o medio ambiente e a principal fonte de riqueza do entorno.

Como adoita suceder, a conservación do medio considérase unha excentricidade prescindible ante o argumento demoledor do desenvolvemento económico e os postos de traballo. É un punto de vista importante, pero utilízase con maliciosa dobre moral. Por exemplo por cada posto de traballo que xeran as infraestruturas e industrias portuarias pérdense 3 empregos da pesca, marisqueo e turismo...en que quedamos, non son os postos de traballo o importante?

Na Ría de Vigo a vila de Bouzas contaba co maior banco marisqueiro do que en 1967 se chegaron a extraer 940 toneladas de ameixa. No ano 2011 extraéronse apenas 300 quilos. Algo semellante aconteceu co banco marisqueiro de Punta Lagoa, en Teis.

Neste catálogo das atrocidades ambientais que historicamente cometeu o porto de Vigo non faltan situacións esperpénticas, como que se "perdan" expedientes oficiais da Xunta contrarios ao porto deportivo proxectado en Cangas, ou que misteriosamente se "movan" 700 metros ría abaixo os límites de Rede Natura na Enseada de San Simón para poder autorizar un recheo de 7.000 metros.

O turismo, a nosa maior industria global, vive do noso entorno. Ninguén vén ás Rías baixas soamente por comer o noso marisco e beber Albariño que se pode atopar en calqueira cidade do Estado. É a nosa paisaxe o que invita a visitarnos porque vendemos a imaxe das Rías como un paraíso. Logo, cando esas infraestruturas alteran a dinámica litoral e quedamos sen praias encontramos o paradoxo dun sector turístico sen soporte (e non se nos ocorre mellor idea que intentar crear praias artificiais) e dun sector pesqueiro sem recursos. A nosa maior vantaxe turística comparativa, que nos diferencia do xa esnaquizado litoral mediterráneo, é a que destruímos e contaminamos sistematicamente. Acaso os postos de traballo do sector pesqueiro tradicional, marisqueiro e turístico son prescindibles?

Poucas esperanzas para o litoral atopamos nunha nova lei de costas que contempla rebaixar nas rías o dominio público de cen a tan só 20 metros e nun plan de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Vigo que alenta máis recheos, máis infraestruturas, máis portos deportivos... e menos controis ambientais.

Para como solucionalo:

Non se necesita nin un só centímetro máis de recheos na Ría de Vigo, sinxelamente porque nunha superficie que supera os 300 campos de fútbol sobra espazo. Practicamente a metade das empresas que actualmente ocupan os terreos do porto pouco teñen que ver con actividades portuarias, polo que deberían trasladarse terra dentro ás ducias de polígonos industriais semibaleiros que rodean a bisbarra viguesa.

Deberíanse potenciar os nosos valores naturais, tamén como potencial económico, fronte a industrias agresivas co litoral que comparativamente esnaquizan o medio e non son xeradoras de emprego.

Directamente da pesca e o marisqueo viven 10.000 persoas, ás que xamais se lles consulta para cada novo recheo e nova infraestrutura. Se tan importantes son os postos de traballo a súa opinión debe ser tida en conta xunto co resto de axentes sociais, e debe ser determinante.

A burbulla inmobiliaria, que tamén vivimos nas rías baixas debería servirnos de lección e as ducias de urbanizacións ilegais que destrúen a nosa paisaxe deben ser demolidas exemplarmente, por recuperar as nosas costas e por facer algo tan revolucionario como... limitarse a cumprir a lei.

E finalmente, que o lema tantas veces escoitado de "abrir Vigo ao Mar" deixe de ser a maior ironía desa cidade, e que todo o que con ese esperanzador nome na práctica fixo todo o contrario desapareza.

Foto: Vikipedija/Danddad (CC 2.5) - A área central e portuária de Vigo. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.