1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

150712 cerdedo2Galiza - FEG - As políticas forestais das nosas administracións están a levar á desaparición aos nosos sistemas forestais naturais; os bosques e as matogueiras ocupan cada vez menor extensión, mentres os monocultivos de especies pirófitas, os incendios e a destrución de solo que levan asociada, proliferan. O noso monte empobrécese en biodiversidade, en usos e recursos e empobrece ás comunidades rurais que del dependen.


Por outro lado futuro non é en absoluto prometedor. Unha recente Lei de Montes ao servizo das grandes empresas forestais, non presta a necesaria atención á conservación dos ecosistemas naturais que forman parte do monte e que significan unha grande reserva de biodiversidade e recursos. Unha Lei que non incide na necesidade da diversificación e sustentabilidade na obtención de produtos forestais. Unha Lei que favorece a extensión de monocultivos industrializados de especies exóticas, que incrementan a degradación dos solos e o empobrecemento dos montes.

O combate contra o lume forestal ven sendo un dos aspectos máis evidentes da mala planificación forestal. Limitado polos recortes, a falla de interese pola conservación e o servilismo aos intereses de empresas con prácticas forestais degradantes, o Plano de Incendios (PLADIGA) deste verán, reduce a vixilancia e o esforzo en extinción, abandona a prevención e deixa na man da meteoroloxía a superficie queimada. Dende fai anos se ven pedindo unha prevención a medio e longo prazo, que diminúa a cantidade e calidade do combustible do monte, que fomente os recursos sostibles, que protexa a biodiversidade e que mellore a percepción e o uso social do monte, sen que se atenda a esta demanda social.

Porén, as decisións da Xunta van en sentido contrario e amosan unha grande falla de interese por un futuro sostible dos nosos recursos forestais. O recente intento de autorizar fumigacións masivas, deseñadas por ENCE cun insecticida prohibido na UE e que poñen en perigo non so os recursos apícolas senón a agricultura e a biodiversidade vexetal ao atentar contra as abellas, importantes polinizadoras, amosa cara onde se orientan as políticas forestais en Galiza.

Unha das agresións máis tristes e esperpénticas aos bosques a constitúe a curta de carballos ordenada polo Alcalde do Concello de Cerdedo. Amparándose nunha suposta xestión de biomasa para a prevención de lumes e facendo unha lectura segada da Lei 3/2007, estase a promover a curta de árbores autóctonas, especies non pirófitas e polo tanto protectoras dos incendios, moitas delas de grande antiguidade, diante do silenzo da Consellería do Medio Rural.

Facemos, pois, un chamamento á cidadanía para a defensa dos nosos bosques naturais, imprescindibles para o futuro da nosa sociedade, e animamos a todos e todas a participar no acto de desagravio cos carballos que celebraremos nunha das zonas agredidas, na Carballeira de Meilide, o sábado 21 de xulio ás oito da tarde.

Pontevedra, 13 de xulio de 2012


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.