1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120712 talasmartinezgarridoGaliza - Verdegaia - Verdegaia organizou na tarde da terça um ato de recolha de assinaturas e opinions entre a vizinhança do Calvário sobre os brutais abates que estám assolando o bairro. Diante da praça do mercado pudemos partilhar por uns momentos o sentir do povo sobre mais um exemplo da total ausência de sensibilidade das autoridades na planificaçom de umha obra pública.


Tal como vem a acontecer um pouco por toda a cidade, a humanizaçom de Martínez Garrido também está a deixar um ronsel de destruiçom: aos 40 plátanos cortados na Primavera de 2011, soman-se agora mais 30 exemplares de grande porte. Umha rua que, a pesar do intenso tráfego, se caracterizava polo verde dos passeios apresenta agora um aspeto desolador no que já só destacam o asfalto e o cimento.

O concello de Vigo acostuma a cortar sistematicamente todas as árvores nas ruas suxeitas ás comunmente chamadas humanizacións. Sen entrar a debater a súa necesidade ou os postos de emprego eventualmente creados, calquera obra pública debe ter como obxectivo fundamental aportar un beneficio social á comunidade; emporiso, é intolerable que dende o inicio da carreira por remodelar beirarrúas, aló polo 2009 no marco do flamante Plan E, lévanse cortadas centenas de árbores das máis diversas especies. Esta actitude pon de manifesto un tremendo desprezo tanto cara á veciñanza, que habitualmente se dá conta cando as árbores xa xacen na beirarrúa, como cara ás propias árbores, seres que desempeñan un papel esencial para o medio natural e, polo tanto, tamén para o ser humano.

As árbores non se poden considerar como mero mobiliario urbano, é inadmisible que se cataloguen no mesmo ítem contable que as farolas ou as marquesiñas. Entre outras moitas vantaxes (que os nosos antergos seguramente coñecían ben mellor ca nós) as árbores cumpren un papel fundamental para contrarrestar a inxente cantidade de gases de efecto estufa que diariamente xera o tráfico motorizado. Non obstante, a resposta das autoridades municipais pasa por marxinalizar os medios de transporte máis sustentables e cortar árbores.

Onte pola tarde quixemos por unha banda contribuír co noso gran de area para que o concello teña un mínimo de sensibilidade á hora de planificar vindeiras obras e, por outra, dar voz a unha morea de veciños estupefactos pola desfeita realizada e indignados pola desinformación á que foron suxeitos.

Non nos fica máis que alzar a voz e recordar: "As árbores humanizan"!

Foto: Atlántico


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.