1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

260612 Edificio-paralizado-na-Praia-da-Ribeira-de-FisterraGaliza - QPNC - Ben podería ser a primeira entrega dunha saga de Fotodesfeitas: "A ladrillo vista", facendo valer a sección radiofónica que Fran Hermida realizaba con bravura en simpatía. I é que basta coller o coche para topar con 4 ou 5 casas sen rematar, a medias, pero sempre co ladrillo como protagonista.


Hoxe queremos facer unha denuncia histórica, dun edificio que xa ten 30 anos. E pode ser precisamente por iso polo que xa apenas se protesta. Falamos deste edificio que convirte á Praia da Ribeira de Fisterra nun lugar estrano, sen o cal sería un lugar idílico. O porto a unha banda, e o Castelo de San Carlos á outra, só este edificio afea completamente o lugar, en pleno centro da vila do Cristo.
Non se comprende como as autoridades non fan nada por evitar esta desfeita, que fai realmente moito dano á hostelería da zona.

A construción do edificio comezaba nos anos 80, pero non foi a bo porto. Xa a comezos dos 90 intentaron retomalo pero non se puido por problemas de legalidade. Foi no 1999, cando se retomaron unhas obras. Unhas obras que non se correspondían coa legalidade vixente por ter 4 pisos.

Dende entón, xa van máis de 12 anos de pleito en pleito, a pesar de que a licencia xa non sería válida de ningún modo.

Daquela, que hai que facer para tiralo abaixo?

Foto: QPNC


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.