1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260410_labregas.jpgSLG - A Secretaria de Organización do SLG, Lídia Senra, e a Responsábel da Secretaría das Mulleres, Isabel Vilalba, anunciaron na mañá de hoxe a participación do Sindicato Labrego Galego no seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos”.

 


A Confederación de Mulleres do Medio Rural, CERES, en colaboración coa área de mulleres da Coordinadora de Organizaciones Agrarias y Ganaderas (COAG), coas mulleres de COAG de Extremadura e coa Coordinadora Europea Vía Campesina (CEVC), organiza o Seminario "Labregas polos nosos dereitos", que terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril no Hotel AHC de Cáceres [Axuntamos o programa].

Con este seminario pretendemos seguir afondando na análise e na posta en común da situación de inseguridade en canto a dereitos no marco da explotación familiar que viven moitas mulleres labregas en Europa; así como seguir avanzando no intercambio e coñecemento da situación das labregas en diferentes países de Europa, a través dos relatorios que van presentar as representantes das organizacións presentes.

As conclusións obtidas serán a base para a elaboración de novas propostas para enviar ás institucións europeas e aos diferentes gobernos para que, dunha vez por todas, escoiten as voces das mulleres labregas de Europa e sexan postas en marcha as medidas políticas que recoñezan os nosos dereitos como labregas.

É hora de que as administracións modifiquen as leis que sexa necesario para que nunca máis ningunha labrega que desenvolve o seu traballo no marco da explotación familiar teña que recorrer aos tribunais para reclamar os seus dereitos como traballadora.

Neste seminario, ademais das labregas do Sindicato Labrego Galego, participarán mulleres das organizacións campesiñas Confédération Paysanne de Francia, Norsk Bonde - og Smabrukarlag (NBS) de Noruega, Österreichische Bergbauern und Bergbäuerinnen Vereinigung (ÖBV-Vía Campesina) de Austria, Confederaçao Nacional da Agricultura (CNA) de Portugal, Coordinadora Europea Via Campesina (CEVC), Çiftçi-sen de Turquía, Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna de Euskadi, COAG de Andalucía, AGIM de Madrid, COAG de Castilla-Leon, Unión de Agricultores y Ganaderos (UAGA) de Aragón, Unión de Ganaderos y Agricultores Montañeses (UGAM) de Cantabria, COAG de Asturias, COAG de Extremadura e da Asociación de mulleres Ceres


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.