Uns 300 profissionais pertencentes às Confrarías de Pescadores de Muros, Noia, Porto Doçom e Portosim volvêrom-se concentrar ontem –duas semanas depois– frente à entrada principal do complexo administrativo da Junta em San Caetano. “Fazemos um chamamento a Feijoo para que pegue no leme do barco, porque 5.000 familias vamos á deriva e a conselleira perdeu o rumo”, proclamou, en declaracións aos medios de comunicación, o patrón maior do pósito noiés, Santiago Cruz. Esixen a anulación do plan para a cría experimental de salmón en gaiolas, unha delas xa instalada na ría.
O colectivo ecoloxista Greenpeace apoiou a protesta e esixiulle á Xunta que “escoite os pescadores” de desautorice as gaiolas. Alerta de “graves impactos” no medio con este “sistema xa fracasado”.
En nome de “todo o sector”, e mentres varios centos de persoas portaban pancartas e berraban proclamas en contra da decisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, de autorizar o traslado de dúas gaiolas de cultivo de salmón dende a ría de Arousa ao polígono C de Muros, Santiago Cruz criticou que a actual Xunta poña en risco o futuro de 5.000 familias “polo proxecto dunha multinacional” North West Food, cun plan experimental que prevé a instalación de ata 20 artefactos aprobado polo Goberno bipartito.
O responsable da confraría de Noia recordou a Rosa Quintana que a súa función é “defender o sector” e que todo el está “en contra”. “Somos todos galegos, e vén unha empresa de fóra, crea 30 postos de traballo e bótannos a 5.000 á rúa”, recriminou. Nesta liña, volveu esgrimir os “centos” de informes de biólogos internacionais que, segundo asegura, avalan as súas advertencias sobre efectos contaminantes.
“QUEREM-NOS FAZER PARVOS”
“Vimos como en Chile [a causa deste tipo de instalacións] houbo ameixa, mexillón e peixe infectado. Quérennos facer parvos”, recriminou Cruz. Ao seu lado, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Muros, Daniel Formoso, equiparou o segundo acto de protesta convocado polos pósitos en Santiago cunha “vacina”. “Queremos previr, mellor que curar; cando os danos se causen á ría, non se poderá dar marcha atrás”, subliñou.
Minutos antes da protesta, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, adiantou que “que cambio non vai haber”. “A gaiola de salmón xa está colocada no polígono de Muros C, as crías xa están aí”, constatou. A responsable autonómica en materia de pesca reiterou que a consellería conta cos “argumentos científicos que acreditan que este tipo de cultivo non produce impacto”.

