1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

071113 tvvalencianaGaliza - CUT - Nota de prensa do Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG.


O Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG manifesta a súa total solidariedade cos traballadores e traballadoras da Radiotelevisió Valenciana (RTVV) e o seu rotundo rexeitamento ao anuncio da Generalitat de pechar un servizo público concibido para satisfacer o dereito constitucional á información e a defensa da identidade cultural e lingüística dos pobos do Estado español.

Este Comité considera que a decisión adoptada polo goberno valenciano de pechar ese medio de comunicación é tamén un grave atentado contra unha decisión xudicial que viña de anular un expediente de regulación de emprego no que a dirección da RTVV vulnerou os dereitos fundamentais dos empregados e empregadas públicas ao servizo do ente, como establece a sentenza.

Para o Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG o Partido Popular de Valencia tenta trasladarlle aos profesionais da comunicación da RTVV a responsabilidade dunha neglixente xestión que provocou un enorme endebedamento do medio co único obxecto de satisfacer intereses privados e partidistas.

A representación sindical da CRTVG aprecia na decisión do Goberno valenciano indicios de silenciar a realidade informativa que ten a obriga de evidenciar os abusos dos políticos populares nesa comunidade, como demostra o feito de que cando a xustiza considera que non se pode facer un expediente de regulamento de emprego baixo criterios nepotistas e partidistas a solución adoptada é o peche total dun servizo público.

O Comité da CRTVG vai convocar concentracións en todos os seus centros de traballo para manifestar o seu rexeitamento á decisión de pechar un medio de comunicación público e en solidariedade cos traballadores e traballadoras da Radiotelevisió Valenciana.

San Marcos a 6 de novembro de 2013.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.