1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270813 angGaliza - CNT - A raíz do lamentábel accidente ferroviario en Santiago de Compostela gustaríanos, desde a sección sindical de CNT en RTVE, pór en relevo algunhas cuestións.


O primeiro traballador de RTVE en chegar ao lugar do accidente fíxoo sen estar convocado por ninguén, decatouse pola súa conta, foi ao centro de traballo, colleu o equipo e no seu coche achegouse ao lugar dos feitos. Por suposto, todo isto fóra do seu horario, unha vez finalizada a súa xornada ordinaria.

A Terrea (DSGN) chegou ao lugar do accidente grazas a que unha das persoas adscritas ao devandito servizo, estando de vacacións e sen que ninguén a convocase, subira ao centro de traballo a buscala e fora para a "zona 0".Se non se puideron enviar "as primeiras imaxes" antes, non de debeu a que os traballadores non respondesen rápido e ben, se non porque a Terrea deu problemas, a pesar de avisar con días (por non dicir semanas) de que fallara en varias ocasións.

Ao día seguinte, practicamente a totalidade do persoal do Centro Territorial (TVE e RNE) estaban no seu posto de traballo. Sen ter en conta se estaban de vacacións, de ponte, se tiñan dispoñibilidade, etc. Algunhas persoas mesmo sen que ninguén llo dixese. Tamén ao día seguinte chegaron os "reforzos", principalmente de Madrid e da área de Redacción, a pesar de que en Compostela só temos 3 cámaras (cunha soa dispoñibilidade).

Dos problemas organizativos e sen entrar en detalles, a modo de "pinceladas" dicir que no mesmo punto de directo entraban 2/3 redactores/as, con escasos minutos de diferenza, que, aínda a pesar de só ter 3 cámaras no centro, ás veces coincidían 2 no mesmo acto e, aínda por encima, usábanse imaxes compradas á TVG (non só para ofrecelas en directo), tamén parecía non terse en conta o sobreesforzo que estaban a realizar algúns/as compañeiros/as á hora de organizar as quendas para que tivesen unha substitución canto antes... e, algo que nesta sección parécenos gravísimo, e é o feito de que os compañeiros condutores realizaron xornadas maratonianas, co consecuente perigo para salvagardar a integridade física, tanto deles como de todas as persoas que van nos coches.

Queda patente, por tanto, que os/as traballadores/as somos capaces de organizarnos, a pesar das/os xefes. Isto tamén ocorreu con todos os/as traballadores/as públicos de distintos sectores que se viron involucrados en tarefas relacionadas co fatal accidente ferroviario de Compostela. Por último, tamén queremos destacar que, a día de hoxe (martes 20 de agosto) non sabemos de que forma se nos vai compensar o sobreesforzo realizado polos traballadores de RTVE en Galiza.

Sección sindical de CNT en RTVE


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora