1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

100613 irmandade2Galiza - Irmandade TV - Este martes, 11 de Xuño, ás 21:30 nace Irmandade TV da man do programa "O Debate",
conducido por Aurélio Lopes.


A primeira emisión analiza a quebra das caixas galegas e a estafa das preferentes. Os programas poden ser visionados cada martes a través do web www.irmandade.tv e os telespectadores poden participar no debate a través da etiqueta en Twitter #GalizaSenCaixas e a páxina en Facebook www.facebook.com/IrmandadeTV
Irmandade TV é unha televisión galega na rede encadrada nunha liña editorial nacionalista, soberanista e de esquerdas, utilizando o galego como lingua vehicular.

O programa de "O Debate" nace para tratar aqueles temas que son relevantes e cruciais para o País; aportando o contexto máis amplo posíbel con aquelas persoas que teñan cuestións sensatas, importantes e
clarificadoras que expor para que o telespectador saque as súas propias conclusións e decida.

O obxectivo de "O Debate" é democratizar a información e utilizar as redes sociais para que o
telespectador participe, opine...

Irmandade TV nace coa vocación de incorporar á súa grella novos contidos e formatos: musicais, culturais, de cociña... Explorando tamén a parcería con outros colectivos e proxectos.

Para o programa de "O Debate" contamos xa coa colaboración en parcería de www.gzvideos.info


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora